Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

13 10/08
Portada arrow Canais arrow Motor arrow Marea verde galega en Santiago
Marea verde galega en Santiago PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 
Escrito por Galicia-Hoxe.com, o 04-02-2008

Visitas : 539

Image A Rede Galiza Non Se Vende, formada por máis de medio cento de colectivos ambientalistas e sociais, desembarcará o 17 de febreiro en Compostela para berrar contra a destrución do país. Velaí a grande acción global ambientalista deste 2008 na Galiza nosa. Artellada dende unha organización en rede, un tecido social composto por colectivos moi heteoxéneos pero que coinciden nunha loita común, trata de frear a destrución ambiental do territorio galego, que segundo afirman, nos últimos anos acadou cotas inimaxinábeis.

Unha destrución fondamente cimentada no sistema economicista que nos goberna en todos os eidos e nuns gobernos –tamén o actual– que para eses colectivos non están a respostar ás demandas da poboación. Son, ao cabo, unha arañeira de conciencia ambiental que pretende remexer tamén a conciencia colectiva do país. Unha base social antagónica ao poder político.

Galiza Non Se Vende fai así fincapé nunha problemática dabondo extensa, nunha doenza histórica da terra que xa non soporta máis o custe ambiental de actividades económicas insustentábeis que, en gran medida, “residen en empresas de enclave que nos colonizan”.

E a listaxe de eivas évos ben longa: marbellización do litoral, recheos e contaminación das rías, degradación dos ríos, plan acuícola devastador, plan de portos deportivos, plan eólico desmesurado, especulación, plan da minaría, destrución do Courel, urbanismo salvaxe, industrias perigosas (Reganosa, Ence, Parque de Residuos no Ribeiro), modelo de transporte e mobilidade insustentábel, destrución do medio rural, dos espazos protexidos e do patrimonio cultural…

Esta marcha pola dignidade da terra terá lugar o 17 de febreiro, a rentes pois da campaña electoral para as Cortes do Estado, saíndo da alameda de Santiago ás 12 da mañá.
http://galizanonsevende.org

Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

  Folla RSS comentarios
 
Ver 5 de 5 Comentarios

¡Ca Nai non !

Escrito por: patajoniko (Invitado) o 13-02-2008

¡Ca Nai non !

Escrito por: patajoniko (Invitado ) o 13-02-2008

Meus amigos: 
¡Estamos a tempo de facer por nosa Nai Terra algo moi bo! 
Pois sí, antes que sexa tarde...¡adiante! 
¡Canto daría por estar xunto a vos en Santiago este 17 ! 
Noso verdadeiro patrimonio e nosa Terra, ¡nosa Nai! 
Ela e sacra....¡garda os hosos de nosos mortos!...e a memoria e testamuña do tempo.

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

GALIZA NON SE VENDE

Escrito por: ANDURIÑA (Invitado) o 11-02-2008

GALIZA NON SE VENDE

Escrito por: ANDURIÑA (Invitado ) o 11-02-2008

Hai que ir a Santiago en masa e decirllle aos políticos e empresarios especuladores, que GALIZA NON SE VENDE e que a imos a defender, custe o que custe. Non podemos deixarlle en herdanza aos nosos fillos un país cheo de lixo e coa natureza estragada para que uns poucos se fagan de ouro.

Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >