Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

06 07/08
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow Presentación oficial da Festa da Arribada en FITUR 2008
Presentación oficial da Festa da Arribada en FITUR 2008 PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 05-02-2008

Visitas : 458


Concello de Baiona realizou a presentación oficial da Festa da Arribada 2008, en Fitur, no stand que a Diputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas, dispuxeron novamente para esta ocasión, tralo éxito obtido na edición anterior. O acto tivo lugar onte xoves día 31 de xaneiro, ás 12:00 horas. Ó mesmo asistiron, o Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán, o Presidente de Turismo Rías Baixas, Xosé Manuel Figueroa, alcaldes dos concellos da provincia, membros da corporación municipal baionesa, autoridades civís tales coma o presidente de Cepsa, Carlos Pérez de Bricio, o presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona, Ezequiel Simóns, o famoso compositor Xulio Mengod e a súa esposa, o popular ciclista Óscar Pereiro, o concelleiro de Turismo de Baiona, Anxo Rodal, así como diferentes empresarios da Vila. Foron tamén numerosos os medios de comunicación que cubriron o evento.

O acto foi presentado polo célebre historiador Vicente Sierra e Ponce de León quen destacou a importancia do feito histórico da Arribada da Carabela Pinta a Baiona. A seguir interveu o Alcalde de Baiona, Xesús Vázquez Almuiña, quen fixo entrega a Vicente Sierra, dunha reproducción da fachada do Concello. Durante a sua intervención, o Alcalde de Baiona, resaltou a importancia das diferentes institucións que colaboran coa Vila, facendo posible a realización desta Festa. É o caso de Cepsa, Caixanova ou Diputación de Pontevedra, e agradeceu ó Museo Liste, a posibilidade que brinda a Baiona, de realizar diferentes exposicións nas súas salas. O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, pechou o turno de intervencións, para dar paso á proxección do vídeo da Festa da Arribada.

A continuación, se ofreceu a tódolos asistentes, unha degustación dos Ñoclos de Pinzón e da Torta de Sarmiento, prostres típicos da Festa, elaborados por Rosquillas Cristaleiro e Panadería O Bastón, respectivamente.

O persoal da concellería de turismo, ataviado de época, ofreceu ós asistentes, diverso material de promoción da Festa, así como o novo vídeo de promoción de Baiona.

Durante os cinco días que dura a feira, Baiona estará presente no stand de Turismo Rías Baixas, a través de diferentes mostradores, nos que se distribuirán os folletos editados por Turismo de Baiona, (planos, guías de servicios, folleto de imaxe,…), e a revista da Festa da Arribada 2008.

Tamén todo o que o desexe, poderá participar no sorteo de dúas estancias de fin de semana no Parador Nacional Conde de Gondomar e o hotel Baía de Baiona.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa