Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 07/08
Portada arrow Canais arrow Deportes arrow Insisto: un concello para o Val Miñor
Insisto: un concello para o Val Miñor PDF Imprimir Correo-e
(6 votos)
 

Escrito por Carlos Méixome, o 07-02-2008

Visitas : 727


ImageHai xa algún tempo, o 23 de abril de 2006, na compaña de Xosé Lois Vilar, publicabamos, nas páxinas do Faro de Vigo, un artigo no que defendiamos, sen disimulo, a conveniencia da agrupación dos tres concellos do Miñor. Aduciamos razóns históricas, prácticas, económicas, organizativas,... ou simplemente de “sentido común”. A proposta resaltaba a necesidade e oportunidade de cando menos iniciar un debate sobre a pertinencia, ou non, dun só concello no Miñor. Relido o texto coidamos que non perdeu actualidade fóra dalgún asunto puntual. Foi un absoluto fracaso. Coido que a ninguén lle interesou o tema. Rememoro. Comenteino con varias persoas da elite política do Val Miñor, dos tres partidos e dos tres concellos, os ollos puxéronselle “chiribita” e comezaron a dar pequenos bufidos. Nin chisca de graza lles fixo. Aquí o sentido común está ausente e como no Cándido de Voltaire o que importa non é argüír ou debater senón coidar a leira. Seguindo coas elites, agora das organizacións de comerciantes, autoproclamados, ás veces, como empresarios, a reacción foi a mesma. Entre outras elites, as culturais, o asunto esvarou ata o indiferente esquecemento.

Para min o asunto non é fútil, por iso insisto ante a teimuda indiferenza.

Cando houbo o sentido común para recuperar a Mancomunidade e mesmo para dar algún paso para que sexa algo máis que unha reunión cada poucos meses. Cando as propostas sobre a Área Metropolitana son do máis variado e a gusto do consumidor político do momento. Cando os resultados do nove de marzo poden manter ao PP na oposición, en Madrid, e aumentar a insuficiencia da súa maioría en Galicia; e esta venturosa circunstancia pode permitir retomar o proceso de dotar ao país dun novo estatuto.

Pois ben cando estas cuestións están aí, sobre a mesa, tan perto, coido que cómpre lembrar que as deputacións, esas entidades derivadas do modelo liberal-conservador-centralista do XIX, non teñen ningunha lóxica no modelo de estado autonómico e moito menos nun estado que camiñe cara ao recoñecemento do carácter plurinacional do mesmo. Que vai alá un terzo de século de vida autónoma pero seguimos sen desenvolver un plan de comarcalización, axeitado á realidade da poboación actual, mais enxergado na realidade das comarcas históricas e naturais; mesmo compre lembrar que a comarcalización foi castrada pola existencia das deputacións e que o novo estatuto deberá abrir a porta da comarcalización, ou mellor dito, transitar por ela, xa que na realidade está aberta no actual, aínda que ninguén quixo pasar por ela. Para rematar, cómpre ter presente que as parroquias, as laicas, dende San Martiño de Dumio, seguen a ser realidades “realmente existentes” aínda que non teñan recoñecemento xurídico; a vella teima galeguista segue en pé e nos espazos periurbanos, como se di agora, coma o noso, sabemos ben da forza social que segue a ter a “inexistente” parroquia.

En tempos de muda e debate territorial, de mancomunidade, de área metropolitana, deputacións, parroquias, novo estatuto... a cuestión da redución do número, absolutamente excesivo, de concellos do país vai ter que producirse. Aproveitamos este curuto que nos presta o Portal do Val Miñor para insistir.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 4 de 4 Comentarios

sentido común...

Escrito por: patajóniko (Invitado) o 11-02-2008

sentido común...

Escrito por: patajóniko (Invitado ) o 11-02-2008

¿Faltanos sentido común? 
Dame moita pena so pensar que moito do mal que nos doe...ten que ver con esa teima de..." mais vale que se pudra no chán...que o coman meus veciños!" 
Aforro de enerxía humán, aforro, aforro.... 
"¿Por que la vamos a hacer mas simple pudiendo complicarlo?"... dicen nas terras que expulsan seus xovens...

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

...

Escrito por: anduriña (Rexistrado) o 08-02-2008

...

Escrito por: anduriña (Rexistrado ) o 08-02-2008

Por si vale de algo, eu tamén desexo un concello único para o Val Miñor. Xa sabemos que o sentido común non ten moitos amigos entre os políticos, mais si os que opinamos que sería bo para que os servizos que malamente prestan entre os tres concellos fosen mellores, se agrupasen nun só,e non o decimos ben alto e claro, ninguén se vai dar por enterado nin mover unha palla polo tema. ¡ VALMIÑOR: CONCELLO ÚNICO XA!

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Totalmente de acordo

Escrito por: Pinto (Invitado) o 08-02-2008

Totalmente de acordo

Escrito por: Pinto (Invitado ) o 08-02-2008

Eu creo que neses proxectos de Axenda 21 Local abertos nos concellos de Nigrán e Gondomar deberían ter cabida un plantexamento non municipal se non de comarca. Me refiro por exemplo á hora de plantexar temas como as conexións-enlaces de viais, temas de transporte, etc... 
E Baiona debería aplicarse o conto e facer a súa Axenda 21, ainda que teña o PXOM en aprobación inicial. O que pasa que isto non vai a interesar.  
Sería un logro moi grande para a comarca. Sen dúbida.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

O Val Miñor

Escrito por: Antonio Valverde Alonso (Invitado) o 08-02-2008

O Val Miñor

Escrito por: Antonio Valverde Alonso (Invitado ) o 08-02-2008

Non solamente concordo coa idea da unificación dos tres Concellos que conforman o Val Miñor,se non que sintome identificado coa bisbarra que os tres forman.  
De tal seito estou identificado, que nunca penso que a minha procedencia e vonculación e c'un dos tres Concellos. Non me sinto somentes de Baiona, Gondomar ou Nigran, sintome do Val Miñor. 
Tamén é certo que os meus ascentros proceden dos tres Concellos. Minha aboa paterna, de Sabaris-Baiona, a materna de Morgadans-Gondomar, meu abo paterno de San Pedro-Nigran, e meu abo materno de Couso-Gondomar. 
¿E meus Pais?. De Gondomar. 
Insto a titulo particular. 
A titulo administrativo, penso e sempre pensei que a unión dos tres Concellos somentes pode aportar ventaxas de mellora dos servicios e a menor costo. 
A Mancomunidade e un paso, pero por desgracia sa sabemos que é unha unidad moi fraxil e cualquer disentir esnacaquiza a concordia que loga tarda en recompoñerse. Como pasou co a polemica da Piscina da Ramallosa.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 4 de 4 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >