Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

06 10/08
Portada arrow Axenda arrow Un concello para o Val Miñor
Un concello para o Val Miñor PDF Imprimir Correo-e
(4 votos)
 

Escrito por Carlos Méixome Quinteiro - Xosé Lois Vilar Pedreira, o 23-04-2006

Visitas : 953

Índice de artigos
Un concello para o Val Miñor
Páxina 2
Páxina 3
Páxina 4
Páxina 5
Páxina 6
Páxina 7
ImageCando, en conversas informais, temos presentado a necesidade de que o Val Miñor sexa un só concello os xestos de asombro ou incredulidade son os máis frecuentes entre os contertulios. A ben seguro que moitas das persoas que lean estas liñas poden pensar que é un despropósito. Aínda así estamos seguros que máis cedo que tarde terase que afrontar unha a cada paso máis necesaria e urxente reorganización administrativa de Galicia.

Non é este pois un problema exclusivo do Val Miñor, pero si é unha cuestión que o Val Miñor ten que resolver e canto antes o faga mellor. Hai xa tempo que o alcalde de Lalín e presidente da FEGAMP fixo unha proposta de unificación dos concellos do Deza e encargou un estudo de viabilidade, hai poucos días o alcalde do Ferrol falaba da conveniencia da integración con Narón. Son propostas que agora lembramos. En todo caso no camiño de elaboración do novo estatuto terase que achandar o camiño cara unha nova articulación administrativa entre concellos, áreas metropolitanas ou comarcas e goberno galego, máis moderna e eficaz, na que as deputacións provinciais deberían ver minguadas, con celeridade, as súas funcións. 

     Que o Val Miñor fose un único concello tampouco sería unha novidade. Nun documento de 1593, que se conserva no concello de Baiona,  recóllense as resolucións do rei Felipe II nas que incorpora ao patrimonio real: “el juzgado de Parada con sus seis filigresias y dos cotos, que son las filigresias de Santiago de Parada, Santa Maria de Vilaza, Sant Fiz de Nigran, San Mañufe (sic), San Martin de Boreyros, Santa Vaya das Donas y los cotos de Sanyanes y San Juan, que heran de la dicha dignidad obispal, con su juridicion cevil y criminal, alta y vaja, mero mixto imperio, con el derecho de poner, nombrar y elegir alcalde mayor y alcaldes ordinarios y de la hermandad, regidores, alguaziles, escrivanos y todos los otros officiales del concejo de las dichas filigresias y cotos que se suelen y acostumbran nombrar, poner y elegir para el uso y exercicio de la dicha juridicion, ....”. Logo o monarca católico estima as rendas en 3.575 marabedís anuais, compensa a Igrexa de Tui e ordena a incorporación da xurisdición de Parada na vila de Baiona (31 de agosto de 1592). Por certo que, infortunadamente, este importante documento e o excelente traballo introductorio realizado polos profesores García Oro e María José Portela Silva, aínda segue inédito.

     Ata a división provincial de Javier de Burgos (1837), e fora das inestables dúas décadas anteriores, o Partido do Val Miñor estaba formado por 18 parroquias (San Pedro da Ramallosa, Santa Cristina da Ramallosa, Camos, Belesar, Priegue, Panxón, Nigrán, Parada, Saiáns, Santa Baia de Donas, Gondomar, Vincios, Vilaza, Chaín, Morgadáns, Peitieiros, Mañufe e Borreiros) e o procurador xeral elixíase ao pé do cruceiro de Mañufe, no Lugar do Acordo, aínda que despois tamén se realizara esta elección en Parada e en San Pedro da Ramallosa. Ben certo é que na altura esta estrutura administrativa non abranguía todo o Val Miñor xa que existían outro tipo de xurisdicións (Vila de Baiona, terras de Oia, condado de Gondomar) pero expresaba o sentido unitario do Val.

     Pois a unidade política e territorial é unha evidencia física marcada polo Miñor, a súa embocadura na Xunqueira da Ramallosa, e polas serras da Groba, do Galiñeiro  e os montes de Priegue que a delimitan. É unha unidade historicamente formada ao longo dos séculos. Unha unidade física, histórica e cultural  que fixo do Val Miñor unha comunidade fortemente integrada.



   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Rober Bodegas, hoxe venres no Bar Patos

Axenda

Enquisa