| Escrito por Carlos Méixome Quinteiro - Xosé Lois Vilar Pedreira,
o 23-04-2006
|
Visitas : 1412 |
Páxina 2 de 7
Dende os tempos de Javier de Burgos, xa choveu, e sociedade galega e miñorá mudou substancialmente e de forma acelerada nas últimas tres décadas. Envellecemento, concentración costeira e terciarización son as tres desacougantes constantes que caracterizan á poboación galega. Das tres só a primeira non está presente entre nós, cando menos do agoniante xeito que o fai no resto do país. De feito os tres concellos miñorás son os que teñen un índice de envellecemento máis baixo da área de Vigo, agás o caso do Porriño e Salceda. Índice de envellecemento de maior a menor (IGE, 2005) Fornelos de Montes | 180,3 | Pazos de Borbén | 136,4 | Salvaterra | 132,1 | Soutomaior | 95,7 | Vigo | 89,1 | Moaña | 87,7 | Mos | 86,9 | Redondela | 84,4 | Cangas | 84 | Nigrán | 76,3 | Baiona | 74,2 | Salceda | 72,8 | Gondomar | 69,6 | O Porriño | 65, | A tendencia a concentración na costa e en torno as zonas industriais converteu o Miñor nun polo de atracción de poboación ao longo de todo o século XX Poboación de feito dos tres concellos miñoranos (1900-1930) | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | Baiona | 4.423 | 4.828 | 5.318 | 5.596 | Gondomar | 7.842 | 8.281 | 8.219 | 8.219 | Nigrán | 6.180 | 6.493 | 6.918 | 6.974 | Total | 18.445 | 19.602 | 20.455 | 20.789 | Esta tendencia colleu pulo nas tres últimas décadas: Serie de poboación dos tres concellos desde 1981 | 1981 | 1986 | 1991 | 1996 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | Baiona | 10.139 | 10.332 | 10.122 | 10.499 | 10.443 | 10.659 | 10.741 | 10.873 | 11.014 | 11.153 | 11.337 | 11.521 | Gondomar | 10.155 | 10.275 | 10.551 | 11.147 | 11.190 | 11.327 | 11.463 | 11.631 | 11.861 | 11.987 | 12.121 | 12.685 | Nigrán | 12.362 | 14.009 | 14.182 | 15.197 | 15.422 | 15.647 | 15.905 | 16.302 | 16.684 | 16.806 | 16.894 | 17.281 | | 32.656 | 34.616 | 34.855 | 36.843 | 37.055 | 37.633 | 38.109 | 38.806 | 39.559 | 39.946 | 40.352 | 41.487 | Temos pois unha poboación relativamente nova, dentro dos parámetros galegos e dos países industriais, que aumentou de forma constante ao longo do século XX e que nos últimos 25 anos medrou un 22%, case un 1% anual. Este aumento da poboación provocou un forte impacto sobre o territorio de forma semellante a toda a área viguesa. Densidade (Hab./ Km²) | Poboación | Km² | Densidade | Baiona | 11.521 | 34,5 | 333,9 | Gondomar | 12.685 | 74,5 | 170,2 | Nigrán | 17.281 | 34,8 | 496,5 | Total | 41.487 | 143,8 | 288,5 | | Poboación | Km² | Densidade | Vigo | 293.725 | 109,1 | 2.692,2 | Mos | 13.996 | 53,2 | 263 | O Porriño | 16.576 | 61,2 | 270,8 | Redondela | 29.863 | 52,1 | 573,1 | Pazos de Borbén | 3.160 | 50 | 63,2 | Fornelos de Montes | 2.057 | 83,1 | 24,7 | Moaña | 18.415 | 35,1 | 524,6 | Cangas | 24.849 | 38,1 | 653,9 | Soutomaior | 5.956 | 25 | 238 | Salceda de Caselas | 7.176 | 35,9 | 199 | Salvaterra de Miño | 8.375 | 62,5 | 134 | Área Metropolitana | 465.671 | 749,1 | 621,6 | Galicia | 2.762.198 | 29.424 | 93,8 | Os tres concellos miñorás teñen as taxas de paro máis baixas da área de Vigo coa soa excepción de Salceda de Caselas. Pola contra o camiñar conxunto dos tres concellos rómpese cando falamos de renda, de tal xeito que mentres Nigrán ponse na cima do clasificación, só por debaixo de Vigo, Baiona e Gondomar sitúanse na zona media-baixa da táboa cuns 700 euros por habitante menos que Nigrán. Taxa de paro (INE, 2001) Fornelos de Montes | 33 | Pazos de Borbén | 26,1 | Soutomaior | 20,1 | Vigo | 14,7 | Moaña | 14,2 | Mos | 14 | Redondela | 13,7 | O Porriño | 12,9 | Salvaterra | 12,8 | Cangas | 12,2 | Gondomar | 10,8 | Salceda | 9,2 | Nigrán | 8,2 | Baiona | 7,3 | Renda dispoñible bruta (euros por h.) (IGE, 2002) Vigo | 10.081 | Nigrán | 9.233 | Redondela | 9.085 | Moaña | 9.032 | Mos | 8.840 | O Porriño | 8.839 | Soutomaior | 8.665 | Baiona | 8.608 | Gondomar | 8.536 | Cangas | 8.482 | Salceda | 8.303 | Salvaterra | 7.644 | Pazos de Borbén | 7.096 | Fornelos de Montes | 5.734 |
|
|
|