Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

06 09/08
Portada arrow Canais arrow Planeta Terra arrow Ponte Nas Ondas, participa no encontro de asociacións galego-portuguesas en Braga
Ponte Nas Ondas, participa no encontro de asociacións galego-portuguesas en Braga PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 08-02-2008

Visitas : 302


ImagePonte...nas ondas! divulgará a través dun stand na mostra de asociacións galego-portuguesas as actividades que desenvolve destinadas aos xoves da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. Proxectarase o videclip “Ponte...nas pontes” e solicitarán das asociacións galegas e portuguesas o apoio ao novo proceso da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.

Ademais, farase pública a convocatoria da XIV edición da xornada de radio interescolar que se vai celebrar o 6 de xuño baixo o lema “Identidade e territorio”. Por primeira vez, as asociacións xuvenís poderán participar en Ponte...nas ondas! sen necesidade de facelo a través dos centros educativos.

O encontro de asociacións está convocado pola Dirección Xeral de Xuventude  e realízase os días 8, 9 e 10 de febreiro na localidade de Vilanova de Famalicao en Braga.

O desenvolvemento do Encontro prevé a o traballo en grupos e a mostra das asociacións (mostra estática, tipo “stand” e a mostra viva ).

A mostra das asociacións permitirá ver quen é cada asociación e qué actividades realiza, e o traballo en grupos vai ser fundamental para, mediante as achegas dos asistentes afondar nos obxectivos esenciais do encontro: o achegamento cultural entre Galiza e Portugal e a participación social da mocidade.

 

Nos grupos trataranse de xeito directo temas como o achegamento cultural entre Galicia e Portugal, a participación social da mocidade ou asentamento das bases de futuras colaboracións.

 

Preténdese nesta mostra favorecer o encontro entre os mozos e mozas organizados de ambos lados da raia, de xeito que se podan intercambiar ideas, proxectos e actividades e ademais tecer novas redes que no futuro podan ter como froito actividades de carácter transfronteirizo.


Haberá momentos para a reflexión e o traballo conxunto e tamén o espazo necesario para que cada asociación poda expoñer as súa actividades e proxectos.
 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 
 

Verde TV

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa