Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

30 08/08
Portada arrow Novas arrow Xerais arrow Axenda 21 Local , Utopia?
Axenda 21 Local , Utopia? PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Juan José Hermida Lago, o 08-02-2008

Visitas : 550


ImageA Axenda 21 Local ven de instalarse en dous dos concellos do Val Miñor, Gondomar e Nigrán. Despois de 20 de implantación da Axenda 21 Local como un xeito de acadar unha estratéxia de desenvolvemento sostible, en moitos comunidades de paises de todo o mundo, resulta chamativo que ainda agora, con certa sorpresa, se empece a falar destas cuestións no Val Miñor e mesmo sexan tildadas de “utopía”. O diccionario define utopía como “sistema ou proxecto irrealizable, concepción imaxinaria”.

A qué responde a chegada da Axenda 21 Local ós concellos do Val Miñor? Nos últimos anos a sociedade do Val Miñor experimentou unha transformación no seu xeito de entender non só o entorno onde debe desenvolverse, senon tamén onde o deben facer os seus fillos. Este cambio conceptual prodúcese despois de décadas onde o progreso se viña producindo a costa de depredar os recursos (especialmente a depredación do territorio). O enloquecido e irracional progreso das décadas pasadas rachou ademáis co xeito de vida tradicional. Por si fora pouco a xestión das administracións sumouse a este enloquecido proceso e non foron quen de conducir a sociedade a unha situación máis equilibrada. O cambio producido na sociedade estrellouse co resultado desta ansia depredadora polo que, recentemente, o urbanismo estoupou en  conflictos sociais e en escándalos delictivos nalgúns casos e presuntamente delictivos, polo momento, noutros.

A situación actual resultante demostra que a administración de por si soa non é capaz de acadar as decisións que a sociedade demanda, amosando estar posiblemente, a merced doutros interes, quizás económico-empresariais.

A Axenda 21 Local marca unha estratexia de goberno e funcionamento das administracións públicas radicalmente diferente ó actual. É a verdadeira democracia participativa onde os cidadáns deberán debater e acordar accións de goberno que respondan ó interés xeral, o que supón asumir responsabilidades de acción de goberno. Neste caso o interés xeral mídese polo grao de sostibilidade das propostas, é dicir, que decisións garanten o máis razoable progreso no eido social, económico e medioambinetal, de xeito que exista unha compatibilidade entre acadar unha mellor calidade de vida consumindo os recursos necesarios pero garantindo que as xeracións futuras dispoñan dos seus propios recursos para o seu propio progreso.

O proceso de implantación da Axenda 21 Local en España non é unha cuestión anecdótica. Cerca de 200 concellos de todo o país, 10 comarcas, 4 Comunidades Autónomas, 2 consellos insulares, 10 deputacións provinciais e 6 mancomunidades de municipios están desenvolvendo as súas propias Axendas 21 Locais. Os resultados destes procesos son, nalgúns casos, excelentes, como é o caso do concello de Calviá ou o de Sevilla ou Barcelona. O éxito deste xeito de acadar extratexias de desenvolvemento sostibles depende directamente do que se crea neste proceso, sobre todo por parte dos poderes públicos. Os cidadáns teñen non só a oportunidade de decidir o futuro que queren encarar ademáis do entorno que queren deixar de herdanza para os seus fillos e netos, senon tamén a responsabilidade de non equivocarse na toma de decisións.

 

Juan José Hermida Lago

Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Nigrán



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

A CARROÑA

Escrito por: PEPA A LOBA (Invitado) o 14-02-2008

A CARROÑA

Escrito por: PEPA A LOBA (Invitado ) o 14-02-2008

Neste Val, hay muitas aves de rapiña, moitos carroñeros.  
Uns desexando poñer ladrillos ainda que sexa na última ola do mar, forrarse e marchar ca pasta, uns á Lama outros á sua miseria, temblorosos ante a chegada do carteiro. As citacións dos xusgados están a chegar a muitas conciencias despistadas. 
Outros, aves menores, van tras as grandes por si cae algún gusano que levar ó pico. 
Dende que se pechou o muladar, andan todos desnutridos, coma lle pasa o bruitre leonado, no resto do territorio español. 
Na Comunidade de Castilla León, os ecoloxistas propoñen construir comedeiros para este paxáros. 
Aquí imos ter que facer algo igual, a fame, na primeira fase provoca agresividade que xa se está a notar nos plenos dos concellos, e en artículos de opinión etc. 
Propoño organizar unhas xornadas dirixidas a ensinar a vivir traballando honestamente, dando ó callo. Aplicarlles unha terapia conductiva, hay que reinsertalos… 
Mentres, non van a permitir a implantación da Axenda 21. 
O humedal da Foz do Miñor, para eles é una lugar maravilllo para urbanizar.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Estarías de acordo en que Baiona, Nigrán e Gondomar se unisen nun só concello?