| Escrito por A. Martinez - A Voz de Galicia,
o 14-02-2008
|
Visitas : 416 |
 O xulgado de Instrución número 7 de Vigo mantén abertas as dilixencias polos disturbios ocasionados durante o pleno do día 2 de xuño de 2006 no que o anterior goberno de Nigrán intentou aprobar o Plan Xeral. Unha trintena de veciños que foron identificados continúan á espera dunha decisión xudicial que podería obrigarlles a asumir responsabilidades polas desfeitas ocasionadas na Casa Consistorial durante aquela xornada.
Un trámite Estas comparecencias serán un mero trámite xudicial e non aclarará nada a situación ás autoridades xudiciais sobre os feitos sucedidos aquel día. Como asegurou onte o edil de Urbanismo, non van pór o dedo acusador sobre ningún veciño que participou na revolta e a quenes están agradecidos. «Xa dixemos publicamente en máis dunha ocasión que Nigrán pode manter un crecemento ordenado grazas aos veciños que foron responsables de que non se aprobase o Plan», afirmou onte este responsable político.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|