| Escrito por A. Martinez - A Voz de Galicia,
o 14-02-2008
|
Visitas : 752 |
 O Concello de Nigrán recibiu un requirimento do Consello de Contas de Galicia no que manifesta non ter constancia de recibir a conta xeral correspondente ao exercicio pasado, dándolle un prazo de quince días para cumprir con esta obrigación. Ante este requirimento, o equipo de goberno decidiu enviar a conta, a pesar de que non estea aprobada polo pleno.
O edil David Giráldez manifesta que non se puido levar ao pleno porque os grupos municipais do PP e de UCN non se responsabilizan da mesma, xa que no pleno de decembro foi convocada a comisión especial de contas para o pasado 2 de xaneiro e saltou a sorpresa cando ambos os grupos decidiron absterse e non apoiar unha conta que ambos os grupos xestionaron. Continúa na Voz de Galicia
|
|
|
|