Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

29 07/10
Portada arrow Canais arrow Planeta Terra arrow Medio centenar de nenos e nenas celebran en Nigrán o día da árbore
Medio centenar de nenos e nenas celebran en Nigrán o día da árbore PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
Escrito por Redaccion   
Martes, 19 de Febreiro do 2008
ImageMedio centenar de personas das que aproximadamente 30 eran nenos e nanas, participaron na plantación de árbores que a Concellería de Medio Ambiente do concello de Nigrán organizou con motivo do próximo día mundial da árbore. A xornada comezou ás 10 da mañá e para entón xa estaban todo organizado polas técinicas municipais, Mercedes Calvo, bióloga e Ana Murillo, técnica en medio ambiente.

O grupo desplazouse a pé dende as inmediacións do colexio Estudio de Chandebrito ata o merendeiro de Camos. Aquí o Biólogo e Concelleiro de Medio Ambiente, Juan Hermida, deu as indicacións oportunas de como prantar unha árbore, plantando él mesmo un freixo. Despois en pequenos grupos os particpantes foron plantando nos lugares sinalados, freixos, amieiros, bidueiras, sobreiras e acibros. Un total de 40 árbores viñéronse a sumar a un dos máis fermosos bosques de Nigrán. 

Ó acto acudiron tamén a Concelleira de Turismo e Educación, Estela Pérez e o Concelleiro de Urbanismo, Juan González. 

Trala plantación os participantes compartiron un almorzo de media mañá depois do que puideron aprender como se forma un solo fértil a partir de materia orgánica en descomposición, ou cales son algunhas das aplicacións das madeiras das especies plantadas como a obtención de corcho ou a fabricación de zocas. Para rematar todos participaron no obradoiro de cestería. 

Cada un dos participantes elaborou o seu propio cesto e os nenos marcharon así, cun pequeno cesto feito por eles mesmos e unha maceta cunha landra de carballo sementada, coa esperanza de poder plantar o próximo ano o arbol que naza dela.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=
 
< Ant.   Seg. >
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa