Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

11 10/08
Portada arrow Novas arrow Xerais arrow Unha de duas
Unha de duas PDF Imprimir Correo-e
(3 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 19-02-2008

Visitas : 632


ImageOu en Baiona hai tradicionalmente un problema coa xestión dos nosos residuos ou é que os “Conscientes de Baiona” están especialmente sensibilizados co tema. Podemos falar de moitas cousas e tentar incluso meter cizaña para despertar as ganas de inserir un comentario, pero non hai tema que máis debate xenere que o tema dos lixos. Temos que ser sinceiros e recoñecer que non é un debate que teñamos sacado nós á palestra. Desde valminor.info xa se ten denunciado contínuamente a situación do Esteiro da Foz, a falta de limpeza nas praias ou o abandono dos puntos de recollida, que chamarlles puntos limpos sona un pouco a ironía.

¿Logo porqué o Concello non actúa? Xa pasaron os tempos en que cun tubo ao mar e un vertedoiro nas aforas do pobo o problema tíñase aparcado por tempo ilimitado. Se existise o carné por puntos para os políticos, sabemos dun par deles que os terían perdido todos. Polo menos ún deles perdeunos nas pasadas Municipais.

Son tempos de conciencia medio ambiental. O actual Alcalde acordou acertadamente o proxecto de depuradora. Non lle quedaba outro remedio, cunha Consellería de Medio Ambiente impulsándoas por toda Galicia e á espera de emitir informe sobre o PXOM. Son tempos nos que podemos concordar que queimar o lixo para producir electricidade non é precisamente a idea que temos por reciclaxe. Aqueles utópicos que demandaban plantas de compostaxe e separación de residuos para a súa reciclaxe miran con asombro como os falsos progresistas e descubridores do xa inventado se levan agora a medalla. No baúl do esquecemento quedan aquel calificativo de utópicos aos pensaban hai des anos o que pensa agora todo o mundo. Nos diccionarios a definición é visionarios. A definición para os que hoxe se apropian do discursos dos de onte é hipócritas. Pero isto non sucede somentes no ámbito medio ambiental, temos que recordar os argumentos da Plataforma contra a Autoestrada e ler hoxe algún titular, para que nos veña á boca aquela  frase tan fermosa do noso idioma: tarde piaches.

 Máis artigos en baionaconsciente.blogaliza.org




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 2 de 2 Comentarios

punto limpo de Baiona

Escrito por: Mario (Invitado) o 20-02-2008

punto limpo de Baiona

Escrito por: Mario (Invitado ) o 20-02-2008

Eu teño un garrafón de 5 litro de aceite doméstico na casa e levo meses con el. E xa non sei que facer porque o meu horario non coincide co do punto limpo, que está pechado practicamente todo o día, porque segúndo me dixeron no concello non teñen ainda persoal para este servizo. 
Nigrán non ten ainda punto limpo, Baiona si. En Nigrán o recollen na casa porque unha comunidade de veciños pode solicitar o contenedor de aceite. De que lle serve entón a Baiona ter o punto limpo si non se pode utilizar. Deixaremos a merda na porta do punto limpo? Pois parece a única solución.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

A voltas co lixo

Escrito por: Xanval (Invitado) o 20-02-2008

A voltas co lixo

Escrito por: Xanval (Invitado ) o 20-02-2008

Eestou d'acordo con que a xestión do lixo é decifiente, non solo en Baiona, en Nigran e Gondomar estache igual de mal xestionada. 
E non é unha materia pendente de ser aprobada, é mais ben unha falta de criterio e de vontade da xente que ten que facer a xestión e da xente a de facer uso do servicio.  
Todos os puntos de recollida de lixo aparecen non solo cheos que pr'a iso estan, pero é que desbordan a "merda", si a "merda", a seu redor e o cheiro que espallan é a iso, a "merda". 
Mais esta ben craro que non solo é culpable a ineficencia da recollida. Os veciños tamen son culpables de botar o lixo de calquer xeito e eso precisa de información, de educación mais ben, porque queixarse si se quixan, e culpar tamen culpan, pero eles tamen son culpables. 
¿E que pasa cando un é cumplidor e quer faceras cousas ben?. Pois que non estan axeitadas pr'a poder facelo ben. 
Ti chegas a o "Punto limpo" e resulta que ten uns horarios absurdos. Pr'a seres eficaces habian de estar abertos as mais das horas do día.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 2 de 2 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Estarías de acordo en que Baiona, Nigrán e Gondomar se unisen nun só concello?