| Escrito por Redaccion,
o 22-02-2008
|
Visitas : 756 |
 Obras de colocación dun muro de pedra de contención en Patos A acción do mar neste inverno derrubou parte do sendeiro que se sitúa detrás da Residencia de Tempo Libre que a Xunta de Galicia ten en Patos. Para mellorar a estabilidade do talud e acondicioar o estado do mesmo, o concello de Nigrán procedeu nas últimas semanas co desbroce da vexetación existente o que permitirá a limpeza e rexeneración do talud. Ademáis, as zonas inestables e con risco de derrube, reforzaranse cun muro de pedra. Tralas obras de reforzo e acondicionamento rexenerarase a vexetación e a franxa costeira desta praia recuperará gran parte do seu valor natural.
Asimesmo nestes días, operarios municipais retiraron un antiguio emisario recuberto de formigón que atravesaba a praia ata adentrarse no mar. “A presencia de estructuras en desuso e o abandono no estado de conservación do litoral non é compatible cunha posta en valor das características mediambientais dos noso litoral así como tampouco é compatible coa concepción dun municipio que basea a meirande parte do seu atractivo turístico nas súas praias”, afirma o concelleiro de Medio Ambiente Juan Hermida. O Concello de Nigrán ven así a sumarse ás obras de mellora do litoral que se están realizando xunto ás que a Demarcación de Costas de Pontevedra está a desenvolver en Praia América.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
as canas de patos
Escrito por: kike (Invitado) o 24-02-2008