Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

04 07/08
Portada arrow Canais arrow Motor arrow Nigrán premiado no I Concurso de proyectos para el incremento de la biodiversidad
Nigrán premiado no I Concurso de proyectos para el incremento de la biodiversidad PDF Imprimir Correo-e
(6 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 25-02-2008

Visitas : 487


Cristina Narbona, Ministra de Medio Ambiente, Pedro Castro, Presindente de la FEMP y Juan Hermida, Concejal de Medio Ambiente del Ayuntamiento de Nigrán en la ceremonia de entrega de premios.
Cristina Narbona, Ministra de Medio Ambiente, Pedro Castro, Presindente de la FEMP y Juan Hermida, Concejal de Medio Ambiente del Ayuntamiento de Nigrán en la ceremonia de entrega de premios.
O Concello de Nigrán foi premiado no "I Concurso de proyectos para el incremento de la biodiversidad". A mención especial que mereceu o proxecto presentado, foi recollida polo concelleiro de Medio Ambiente, Juan Hermida, na cerimonia de entrega de premios que tivo lugar no museo Thyssen-Bornemisza de Madrid o luns 25 de febreiro que estivo presidida pola Ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, e o Presidente da FEMP, Pedro Castro. Un total de 86 proxectos de toda España concurrieron a esta primeira convocatoria da fundación Biodiversidade e soamente 15 deles mereceron o recoñecemento do xurado.

A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Ministerio de Medio Ambiente (MMA) asinaron o 3 de outubro de 2006 un Convenio para a posta en marcha dunha Estratexia Común para a Preservación da Biodiversidade, co obxecto de impulsar a posta en marcha dunha serie de actuacións precisas para unha integración equilibrada dos factores sociais, económicos e ambientais, destinadas a alcanzar un uso sostenible dos recursos e a preservación da biodiversidade no ámbito das Administracións Locais.

Así mesmo, a Fundación Biodiversidade (FB) e a FEMP asinaron o 21 de decembro de 2006 un Convenio para a creación de la "Red de Gobiernos Locales Biodiversidad 2010" e a posta en marcha do concurso de incentivos ao incremento da biodiversidade entre os integrantes da Rede.

Neste marco, as tres entidades firmantes destes Convenios convocaron o "I Concurso de proyectos para el incremento de la biodiversidad" no ano 2007.

O concello de Nigrán presentou a este concurso o proxecto titulado "Restauración do ecosistema dunar nas praias de Panxón e Praia América Nigrán (Pontevedra)". Os traballos presentados no proxecto, ademais de pretender reforzar e dar continuidade ás tarefas xa iniciadas polo Ministerio de Medio Ambiente no ano 2005, pretenden ademais buscar novas oportunidades para divulgar, preservar e recuperar o espazo de actuación. Propóñense principalmente tres grupos de actividades: Preservar e recuperar os hábitat asociados ás costas arenosas atlánticas, Sensibilización e educación ambiental,  Ampliación da protección a novos espazos limítrofes como a restauración ambiental da desembocadura dos ríos Muíños e Negro.

Algúns dos obxectivos que se perseguen con este proxecto son o establecemento, a curto prazo, dunha figura de protección recoñecida a nivel rexional "Espacio Natural de Interés Local"; concienciar, sensibilizar e educar á poboación local e recuperar a biodiversidade da flora en términos cuantitativos e cualitativos respecto de os existentes fai 50 anos.

O proxecto premiado no que colaboran a Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia e a Demarcación de Costas de Galicia da dirección Xeral de Costas do Ministerio de Medio Ambiente e elaborado por Francisco Javier García Quinteiro (Biólogo), Mª Mercedes Calvo Eiroa (Bióloga), Ana Murillo Castro (Técnico en Xestión e Organización de Recursos Naturais e Paisaxísticos) e Juan Hermida (Biólogo) presupuestado en 127.275,47€ presenta un amplo dossier de planos de actuación, de distribución xeográfica de especies e fotográfico e contará coa xestión da Fundación Biodiversidade para o seu financiamento íntegra.

O recoñecemento destes traballos supón un estímulo para o Departamento de Medio Ambiente do Concello de Nigrán que emprendeu nos primeiros meses do seu andadura diversas iniciativas encamiñadas na procura da compatibilidad do progreso coa conservación e respecto ao Medio Ambiente nunha estratexia global encamiñada ao desarrolo sostenible do municipio.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 2 de 2 Comentarios

...

Escrito por: PEPA A LOBA (Invitado) o 28-02-2008

...

Escrito por: PEPA A LOBA (Invitado ) o 28-02-2008

E tamén quero darlle as grazas o concellal. 
Noraboa polo teu esforzo

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Moitas grazas

Escrito por: Xanval (Invitado) o 28-02-2008

Moitas grazas

Escrito por: Xanval (Invitado ) o 28-02-2008

Moitas grazas, a todos os que traballades para a restauración do ecosistema. 
Lastima que non podades devolvernos as tan maravillosas Dunas de Gaifar.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 2 de 2 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >