Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

30 08/08
Portada arrow Canais arrow Deportes arrow O concello de Nigrán modificará a regulación de edificación de algúns locais comerciais
O concello de Nigrán modificará a regulación de edificación de algúns locais comerciais PDF Imprimir Correo-e
(10 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 27-02-2008

Visitas : 607


ImageO Concello de Nigrán leva como primeiro punto da Orde do día do Pleno Ordinario que se celebra hoxe, a aprobación inicial da “Modificación (nº 18) das Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal referida ao cambio de regulación das condicións de edificación dos locais comerciais”

O municipio de Nigrán está regulado urbanisticamente por unhas Normas de Planeamento aprobadas  o 25/11/1975 e modificadas o 16 de marzo de 1991. Previa á entrada en vigor das Normas Subsidiarias Municipais aprobadas pola Comisión Provincial de Urbanismo de 25 de novembro de 1987, no concello de Nigrán xa existía un amplo parque de edificios de vivendas plurifamiliares permitíndose na súa planta baixa o uso comercial e prohibindo o uso residencial.

Sin embargo na regulación concreta de ese uso comercial non se tivo en conta que a maioría deles  contan cunha altura inferior a tres metros na súa planta baixa polo que as propias Normas non permiten actividade nos mesmos. 

O concello de Nigrán considera que dado o elevado número de locais baleiros en Nigrán, a demanda do uso comercial existente, a grande dependencia da poboación co comercio de proximidade, a fase de declive das zonas afectadas, é necesario potenciar esa actividade comercial, freada, en parte, polo incumprimento da altura mínima dos locais.Por elo o Grupo de Goberno do Concello de Nigrán considerou procedente excepcionar da tal cumprimento a aqueles locais construidos con anterioridade á entrada en vigor das Normas Subsidiarias, por suposto sempre que se asusten as condicións esixidas polas diferentes regulamentacións (Seguridade e Hixiene, Espectáculos,...). 

ImageO concello de Nigrán considera que con esta modificación impulsarán o pequeno comercio  demandado neste municipio, afianzando a poboación que utiliza estos edificios de planta baixa baleira e "contribuindo a unha mellora na ordenación urbanística vixente permitindo que estes volumes construidos con anterioridade ás NNSS teñan vida propia integrándose no plan e na vida do concello."

A proposta que o Goberno levará a Pleno, e que foi aprobada coa unanimidade de todos os grupos na Comisión Informativa de Urbanismo, é que “a altura mínima dos locais comerciais será de tres metros, salvo aqueles que fosen construidos con anterioridade á entrada en vigor das Normas Subsidiarias Municipais que poderán twer unha altura libre mínima de 2,70 metros." 

O concejal de urbanismo, Juan González asegura que dita modificación conta co visto bo tanto da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible como da Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 6 de 6 Comentarios

Máis demagoxia

Escrito por: Match Point (Invitado) o 04-03-2008

Máis demagoxia

Escrito por: Match Point (Invitado ) o 04-03-2008

Agora misturamos bungalows da Ladeira con altura de baixos!!!! Váljame o cielo!!!: 
Hai unha norma que permite baixos a 2,70 e así se constrúe. Ven outra norma e o pasa a 3 metros co que quedan os locais que son legais como ilegais, sin contar todos aqueles baixos que ERAN LEGAIS PERO AS NOVAS NORMAS as fixeron ilegais.... bueno fágase o que se faga sempre estará mal. Dentro de 4 anos Avelino que non consulta nin propón, ordena e iso é o que mola!!!!!

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Demagoxia

Escrito por: Rober (Invitado) o 03-03-2008

Demagoxia

Escrito por: Rober (Invitado ) o 03-03-2008

Imos trasladar estas palabras a ver se soan con demagoxia. Poñámonos no suposto. Eu defraudo a facenda. Sexa cunha empresa, ca declaración da renda ou coa non declaración de benes. O que fai hacienda é porme unha multa, o segundo cobrala e polo tanto eu teño que pagala e por útlimo falamos para legalizar a miña situación ILEGAL. Pero o primeiro é compensar a ilegalidade. Aquí non. Aquí heche todo ao revés. Aquí os que son ilegais non teñen que pagar nada ainda que tiveran sacado bo partido da ilegalidade. Poñamos por caso os bungalows de Ladeira. Pois nada, támosche apañados. Uns por permitir ilegalidades e os outro por legalizadas. Non sei que será pior.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Eu

Escrito por: Match Point (Invitado) o 29-02-2008

Eu

Escrito por: Match Point (Invitado ) o 29-02-2008

Ao final demagoxia é unha palabra de moda simplemente porque estamos tan acostumbrados a usala. O que dis é demagoxia pura é dura. O sinto é o que penso

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

...

Escrito por: eu (Invitado) o 28-02-2008

...

Escrito por: eu (Invitado ) o 28-02-2008

A Lei é para todos, perxudique ou beneficie. Agora resulta que a Lei tense que adaptar ós inmobles, e non os inmobles á Lei. De feito estas actuacións de legalización (por outra lado lexítimas en canto recollidas na lei) son un tanto delicadas e non a norma xeral no urbanismo, dando lugar a situación de: ¿por qué ti sí e eu non?.  
 
Agora resulta que "demagoxia" é unha palabra de moda en boca de todos...Match Point, eu non falarei de demagoxia pero facerte valedor do interés xeral...non sei. E legalizar os baixos non mellora a vida dos cidadáns, o que mellora a vida dos cidadáns e facer accesible a vivenda, e que eu sepa os baixos non teñen uso residencial, senón comercial.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Donato

Escrito por: Match Point (Invitado) o 28-02-2008

Donato

Escrito por: Match Point (Invitado ) o 28-02-2008

Ufff isto da demagoxia é un arma tan fácil de usar!. Mezclar curva Donato, Culebras, Avelino, Rocha,rasantes (unha soia persona pode facer tanto ruído por defender o seu interés particular e, por suposto, non o da maioría) e unha modificación dunha norma para mellorar a ordenación urbanística e facer legal o que cando se fixo o era e nos leva a centos de baixos pechados e sin oportunidade de melloroar a vida dos cidadáns, dos veciños.... vamos que non. O sinto Mario pero misturar como misturas non é máis que un xeito de querer que todo siga mal e nada cambie porque ¡que medo lle temos aos cambios aínda que sexan en positivo!

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

digo eu

Escrito por: Mario (Invitado) o 27-02-2008

digo eu

Escrito por: Mario (Invitado ) o 27-02-2008

e porque non cumplen os baixos comerciais? Non será para apoveitar más as alturas para poder enchufar vivendas ou trasteiros sobre baixo cubuerta? A min que as leis se adapten aos infractores....non sei. Non me parece boa idea. Condo menos debería pagar unha compensación por legalizar esas vivendas. Como pagamos todos dios que temos as cousas legais. Así nos vai. 
Como a modificación das rasantes. que estea illegal que pague a pertienente multa. Polo menos que existan unha compensación. Porque ao final sae máis barato facer todo ilegal. Como o edificio na curva de Donato en Panxón. Menudo morro. eu non sei como non lle pararon a obra no seu día. De quen será ese edificio?

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 6 de 6 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >