Novas
Nigrán
O concello de Nigrán modificará a regulación de edificación de algúns locais comerciais | O concello de Nigrán modificará a regulación de edificación de algúns locais comerciais |
|
|
|
| Escrito por Redaccion | |
| Mércores, 27 de Febreiro do 2008 | |
O Concello de Nigrán leva como primeiro punto da Orde do día do Pleno Ordinario que se celebra hoxe, a aprobación inicial da “Modificación (nº 18) das Normas Subsidiarias de Planeamento Municipal referida ao cambio de regulación das condicións de edificación dos locais comerciais”
O municipio de Nigrán está regulado urbanisticamente por unhas Normas de Planeamento aprobadas o 25/11/1975 e modificadas o 16 de marzo de 1991. Previa á entrada en vigor das Normas Subsidiarias Municipais aprobadas pola Comisión Provincial de Urbanismo de 25 de novembro de 1987, no concello de Nigrán xa existía un amplo parque de edificios de vivendas plurifamiliares permitíndose na súa planta baixa o uso comercial e prohibindo o uso residencial. Sin embargo na regulación concreta de ese uso comercial non se tivo en conta que a maioría deles contan cunha altura inferior a tres metros na súa planta baixa polo que as propias Normas non permiten actividade nos mesmos. O concello de Nigrán considera que dado o elevado número de locais baleiros en Nigrán, a demanda do uso comercial existente, a grande dependencia da poboación co comercio de proximidade, a fase de declive das zonas afectadas, é necesario potenciar esa actividade comercial, freada, en parte, polo incumprimento da altura mínima dos locais.Por elo o Grupo de Goberno do Concello de Nigrán considerou procedente excepcionar da tal cumprimento a aqueles locais construidos con anterioridade á entrada en vigor das Normas Subsidiarias, por suposto sempre que se asusten as condicións esixidas polas diferentes regulamentacións (Seguridade e Hixiene, Espectáculos,...).
A proposta que o Goberno levará a Pleno, e que foi aprobada coa unanimidade de todos os grupos na Comisión Informativa de Urbanismo, é que “a altura mínima dos locais comerciais será de tres metros, salvo aqueles que fosen construidos con anterioridade á entrada en vigor das Normas Subsidiarias Municipais que poderán twer unha altura libre mínima de 2,70 metros." O concejal de urbanismo, Juan González asegura que dita modificación conta co visto bo tanto da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible como da Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|