Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 07/08
Portada arrow Opinión arrow Reflexións, alternativas e revindicacións para un transporte sostible no Val Miñor
Reflexións, alternativas e revindicacións para un transporte sostible no Val Miñor PDF Imprimir Correo-e
(4 votos)
 

Escrito por Senén Costas , ACREVOXAL, o 28-02-2008

Visitas : 637

Índice de artigos
Reflexións, alternativas e revindicacións para un transporte sostible no Val Miñor
Páxina 2
Páxina 3
Páxina 4
Páxina 5
Páxina 6
Páxina 7
 

IV. O transporte na sociedade global e no entorno local. Problemas derivados do transporte.

A problemática do transporte pode enfocarse dende varios puntos de vista.

Por un lado, a nivel global o transporte é un ben de consumo inherente a toda actividade humana. Pensemos, por exemplo, que os intercambios tódolos comerciais dependen do tranporte de mercancias. Unha das características da globalización económica é a apertura dos mercados, que deriva no aumento da movilidade tanto de mercancías como das persoas a escala planetaria, o que ten abundantes repercusións socioambientais.

 

Nunha perspectiva local, é posible analizar e reflexionar sobre os problemas derivados do transporte de persoas que xa comezan a afectar á vida dos núcleos urbáns do Val Miñor.

Seguidamente, dende esa visión dobre, descríbense os principais problemas ligados ao transporte e ao uso masivo do automóvil como medio de transporte na sociedade actual.

a) Problemas sociais


Discriminación

A ausencia de políticas de transporte eficaces, co conseguinte empobrecemento do sistema de transporte público, provoca entre outras cousas a discriminación social dos sectores poboacionais máis desfavorecidos, que non teñen acceso a un transporte público económico e eficaz. Nunha sociedade que avanza na competitividade e o individualismo estes sectores están en desventaxa no acceso á educación, no acceso ao mercado laboral, nas posibilidades de ocio e relacións sociais, etcétera.

Habitabilidade nas cidades

Outro impacto social importante ligado ao tranporte maniféstase na degradación progresiva da calidade de vida nos núcleos urbáns como consecuencia do uso masivo do automóbil e a falta de políticas de apoio ao transporte público. Como sabemos, o crecemento das cidades vai case sempre acompañado de aglomeracións de coches, dificultade para aparcar, atascos e caravanas, tráfico, ruído e contaminación.

Nos núcleos urbáns do Val Miñor este efecto comeza a observarse claramente. En diferentes puntos da comarca, entre os que destacan Baiona e o centro da Ramallosa, a elevada densidade de tráfico xa afecta diariamente aos cidadáns e a situación agraváse nos meses do verán cando a poboación pode chegar a triplicarse debido ao turismo.

Os problemas para aparcar son evidentes. As autoridades locais buscan solucións a corto plazo a este problema coa construcción de aparcadoiros subterráneos, coma os que xa se están a construir na Ramallosa e Baiona.

Esto non fai máis que eludir e postergar o problema real de movilidade nas cidades. Basta con lembrar o caso de Baiona, onde xa foi construido fai anos un aparcadoiro baixo o parque da Palma que como pode verse non solucionou os problemas de aparcadoiro. ¿Quén di que non xudirán de novo as aglomeracións? ¿Teñen pensado os gobernos locais construir máis aparcadoiros?

Para atallar estes problemas non abonda con proxectar obras deste tipo, precísase dunha política de transportes que actúe en diversos frontes, como se verá no punto V.O aumento do transporte podería estar en parte ligado ao crecemento demográfico do Val Miñor, de acordo co seu perfil socioeconómico.

Tomando como exemplo as estadísticas demográficas do concello de Nigrán (2) obsérvase un aumento pronunciado da poboación deste concello nos últimos anos debido a un importante movemento migratorio de habitantes á nosa comarca, principalmente dende outros concellos da nosa provincia. A explicación destes movementos poboacionais sería unha población urbana que pasa a establece-la súa residencia no Val Miñor en busca dunha maior calidade de vida, atraído polas especiais características da nosa comarca que combina un privilexiado entorno natural costeiro xunto cunha crecemento importante de certos servizos nos últimos anos (por exemplo de zonas comerciasis e de ocio…) e boa comunicación cos centros de traballo que estarían en Vigo ou outras zonas próximas.

Curiosamente estanse producindo desprazamentos humanos nun sentido contrario aos que se produciron antano dende o campo ás cidades en busca de traballo. Hoxe a xente comeza a fuxir das grandes cidades por seren focos de estrés, onde reina tráfico, a contaminación, con espacios naturais reducidos, etcétera. Sen embargo esta calidade de vida que atrae habitantes parece verse comprometida co tipo de crecemento, rápido e desordeado, que están a experimentar o núcleos urbáns máis importantes da comarca. A entrada de novos habitantes trae entre outras cousas a entrada de máis coches, e o aumento do tráfico é un factor que sen dúbida tamén pon en compromiso os encantos naturais da comarca.

Outro dato importante é que o 49 % dos traballadores activos de Nigrán traballa fora do concello (2), principalmente en Vigo, o que configura o núcleos urbáns do Val Miñor como “cidades dormitorio” e que tamén ten consecuencias sobre o transporte de viaxeiros.

 

b) Problemas medioambientais

O crecemento das cidades e o aumento do transporte leva implícito a urbanización e a contrucción de novas infraestructuras viarias (3) o que supón de entrada a reducción das masas forestais cos seus consecuentes impactos ambientais (destrucción de hábitats, perda de biodiversidade e outros)

Ademáis, o incremento continuado do parque automobilístico mundial conleva a emisión de cada vez maiores cantidades de gases á atmósfera (entre eles o CO2) que provocan contaminación e son responsables do efecto invernadoiro agravando así os problemas ambientais a escala planetaria (quentamento global, desxeo polar...).

 

c) Problemas éticos e económicos

Para terminar dicir que o uso tan extendido e individualizado do automovil na nosa sociedade supón tamén un considerable despilfarro enerxético (3). O feito que a nosa economía nos permita consumir deste xeito non xustifica o noso comportamento, non temos dereito a malgastar un recurso tan valioso. O transporte, así como o conxunto da economía mundial está baseada na explotación dun recurso moi abundante aínda que limitado: o petróleo. O cal é preocupante por diversos aspectos (4):

 

1) Os maiores productores mundiais de crudo son países de Oriente Próximo (Iraq, Irán, Arabia Saudí...), unha zona de importante e crecente inestabilidade política, sumida en numerables intereses xeopolíticos internacionais.

 

2) Existe unha grande incertidume por parte dos expertos e analistas á hora de establecer o volume das reservas mundiais que todavía permanecen sen explotar. Hai dúas correntes á hora de situar o pico máximo de producción: unha optimista e outra pesimista, pero en todo caso estase a falar de décadas. A partir do pico máximo a oferta mundial non poderá seguir abastecendo a crecente demanda, co cal o prezo do crudo e dos productos derivados (como a gasolina) disparanse á alza, provocando seguramente unha forte crisis económica internacional.

 

3) Non se descubren novos xacementos importantes dende hai 30 anos.

 

4) Agárdase un importante crecemento da demanda mundial de petróleo debido o á evolución de demanda. Un factor moi importante será a grande expansión das economías asiáticas, sobre todo China e India, que terán un grande peso no mercado petrolífero. Isto podería adelantar o agotamento das reservas mundiais.

5) A transición enerxética lenta e progresiva das nosa economía mundial baseada no petróleo hacia outras enerxías alternativas, que podería evitar dita catástrofe, non se está a efectuar. Todo o contrario, a demanda segue a aumentar ano tras ano. A confianza que tratan de inspirar certos sectores tecnolóxicos e científicos nas novas fontes de enerxía non son ata o momento máis que un maná posto que, ainda que se está investigando moito, non existe ata o momento unha alternativa ao petróleo.

 



   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

Unha boa proposta para o Val Miñor

Escrito por: Xanval (Invitado) o 28-02-2008

Unha boa proposta para o Val Miñor

Escrito por: Xanval (Invitado ) o 28-02-2008

Estache moi ben exposta a necesidade de dar unha solución viable a carencia e deficiencias de transporte nas nas liñas de viaxeiros que padecen os veciños d'os concellos do Val Miñor e das xentes de fora que visitan a bisbarra por necesidades de traballo ou pracer. 
E un problema que deben afrontar canto antes os Concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán en total sintonía e acordo. Quizás no seo da Mancomunidade do Val Miñor, polo menos mentres non se chega a unión dos tres Concellos nun solo que seria a mais razoable e eficaz. null

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >