VI. Revindicacións locais
Por todo o exposto anteriormente dende este colectivo:
1) Solicitamos unha resposta rápida e con suficiente anterioridade ás próximas eleccións municipais de maio de 2007 do seu equipo de goberno a este colectivo de ter recibido e leído este documento.
2) Posto que as asociacións que formamos esta plataforma estamos establecidas legalmente no rexistro de asociacións da Xunta de Galicia, pedímoslles que se faga público este informe nos medios de comunicación oficiais do concello: a páxina web e os diferentes taboleiros informativos nas parroquias do concello para que toda a cidadanía estea informada e poida expresa-la súa opinión democráticamente.
3) Que o actual equipo de goberno comunique unha data concreta para a iniciación dun diálogo con esta plataforma cidadá que se concrete nunha entrevista co concelleiro correspondente na Casa do concello para discutir os puntos 4 e 5.
4) Solicitamos o apoio institucional do concello á campaña de Coche Compartido da asociación ACREXOVAL, incluindo a través dalgunha canle de información oficial do concello (páxina web oficial, taboleiros infromativos, ...) unha referencia ou enlace á páxina www.valminor.info/acrexovalweb.
5) Esiximos o inicio dunha comunicación directa e programada entre o concello e o colectivo universitario do Val Miñor destinada á implantación dun servizo de autobús universitario que, baixo un pacto adecuado, teña en conta os argumentos expostos no apartado III deste documento.
Unha boa proposta para o Val Miñor
Escrito por: Xanval (Invitado) o 28-02-2008