III. A realidade do transporte universitario no Val Miñor
Os universitarios do Val Miñor, que no futuro acadarán o grado máis alto de calificación profesional, son paradóxicamente os que atopan maiores dificultades para acudir aos seus centros de ensino en medios públicos.
O meirande número de facultades da cidade universitaria de Vigo atópase no Campus Universitario de Vigo (CUVI), situado na localidade de Lagoas-Marcosende, que dista uns 15 km do centro da Ramallosa polo que aproximadamente ningún punto da comarca está a máis de 20 km da universidade.
A pesar desta proximidade ningún dos concellos do Val conta cun servizo de autobús para os universitarios. Estes teñen basicamente dúas maneiras de achegarse ao Campus:
1) En coche propio, que pode ser en solitario ou xunto con outros estudiantes, ainda que na práctica a grande maioría deles o fan solos. Esta é unha opción rápida e cómoda dada a boa comunicación que existe por estrada normal e autopista. En ausencia de tráfico intenso empréganse uns 30-40 minutos en chegar ao CUVI pola estrada Gondomar-Vincios. Asimismo é posible tomar a autopista do Val Miñor, que conta con accesos dende Gondomar, Nigrán e Baiona e unha saída moi preto do Campus (a uns 5 minutos), en Zamáns.
2) Outra posibilidade é tomar dúas liñas de autobús, primero a que conecta o Val Miñor con Vigo (empresa ATSA) e logo dende o centro de Vigo ata o Campus (empresa VITRASA). Esta é a única solución de transporte público para os estudiantes que non teñen acceso ao coche, tal como acontece nos primeiros anos de carreira se aínda non se dispón de permiso de conducir, cando non se pode dispoñer do coche familiar para uso propio, etcétera. Esta opción é supón un gasto de cartos e tempo considerable, cada día uns 8-10 € e unhas 2-3 horas de viaxe total. Por esta razón ao cabo do tempo a maioría dos estudiantes terminan por desprazarse en coche ata as facultades do mellor xeito que poden, ben sexa cun familiar, cun compañeiro, sacando o permiso de conducir, mercando un coche …
Debemos señalar que o feito de non existir unha liña directa de autobús universitario é, cando menos, sorprendente. En primero lugar porque non estamos a falar de concellos de poucos habitantes; todos eles contan con máis de 10.000 habitantes, como se amosa na seguinte táboa:
| oncello | Número de habitantes (censo 2001*) | Posición na clasificación por concellos con maior poboación (datos do 2004*) |
| Baiona | 10.931 | 22 de 61 |
| Gondomar | 12.176 | 19 de 61 |
| Nigrán | 16.110 | 11 de 61 |
*fonte: Instituto Galego de Estadística (www.ige.eu)
En segundo lugar os do Val Miñor son concellos con riqueza económica suficiente para financiar este servizo como se amosa na seguinte táboa.
| Concello | Dereitos liquidados (ano 2004) | Posición na clasificación por concellos con maior orzamento anual (datos do 2004*) |
| Gondomar | 6.978.355 € | 21 de 61 |
| Baiona | 9.064.183 € | 15 de 61 |
| Nigrán | 20.046.234 € | 5 de 61 |
Cabe preguntarse entón por qué non hai un só autobús universitario no Val Miñor.
Segundo parece fai algúns anos tentouse implantar este servizo en Nigrán pero ao cabo do tempo fracasou e finalmente suprimiuse. ¿Por qué sería precisamente no Val Miñor que non funciona e noutros lugares mantense con continuidade ese servizo dende fai anos? Segundo parece non habia usuarios dabondo para facer rendable o servizo. ¿Pero alguén pode crer tal cousa? É evidente que a causa non é esa. Máis ben semella que a nula vontade política dos gobernos municipais en temas de transporte e politicas sociais xunto coa mediocridade, escasa capacidade emprendedora e compromiso social das empresas de transportes e, por qué non dicilo tamén, o letargo social da cidadanía, son os factores que propician o deplorable panorama tanto do transporte público universitario en particular como en xeral da rede de transporte público no Val Miñor.
O que de verdade é preciso cuestionarse é ¿qué levaría aos posibles usuarios a rexeitar este servizo cando se tentou implantar?, ¿por qué non estarían satisfeitos os universitarios?, ¿sería que son demasiado esixentes? Por suposto que non, si fora así xa terían esixido fai anos un autobús como dios manda. ¿Cal serían as condicións que se lles ofreceron aso estudantes, en cuetsión de prezo, horarios, etcétera?
É facil de entender que un servizo público debe adaptarse ás necesidades dos cidadáns. Sería absurdo tratar de que fosen os usuarios os que se tivesen que adaptar ao servizo. Isto último conducirá sempre e de seguro ao fracaso. Deixando esto claro e partindo desta base debemos analizar qué tipo de servizo precisan os nosos universitarios. Aquí se tratan dous aspectos básicos:
1) Transporte subvencionado
En todas partes o colectivo universitario goza de tarifa reducida, é dicir, un prezo razoable do billete. Isto supón que as administración locais subvencionen alomenos parcialmente este servizo con fondos públicos. Por exemplo, o concello de Vigo e coa Universidade de Vigo, destinan sumas considerables para o funcionamento das liñas ao Campus, así como para a reducción do prezo do billete aos universitarios, pensionistas e estudiantes de secundaria e primaria.
2) Calidade e eficiencia
Rapidez e trazado das liñas
Dada a proximidade do Campus á nosa Comarca a duración da viaxe non debe ser excesivamente longa, non máis duns 40-50 minutos, para que este servizo resulte atractivo aos usuarios. Dado que o Val Miñor consta de tres concellos cunha extensión total grande (144 km2 entre os tres ) (1) e os diferentes núcleos de poboación están espallados polo o seu territorio, un so autobús non abondaría para recoller a todo-los estudiantes nun tempo eficaz, de xeito que habería que estudia-la viabilidade de varias liñas e optimiza-los diferentes recorridos. Podería estudiarse ou ben a posibilidade de implantar unha liña en cada concello ou se cadra outra opción interesante sexa a dun servizo integrado aos tres concellos en conxunto, con varias liñas que poderían atravesar varios concellos, incluíndoo nunha política mancomunitaria. Unha posible solución que permitiría conciliar unha comunicación áxil cuns costes aceptables podería ser un servizo de microbuses en lugar dos traicionais grandes autobuses.
Horarios
Por outra banda, os horarios deberán responder á organización propia dos estudios universitarios (horario das leccións teóricas e clases prácticas, existencia de turnos de mañán e tarde...) e adaptarse en todo caso ás necesidades dos propios estudiantes de xeito que dispoñan dunha comunicación áxil entre os seus domicilios e o centro de estudio, evitando en todo caso a ausencia de tempos mortos prolongados do autobús debido a horarios moi ríxidos ou limitados.
Un servizo básico debería incluir alomenos catro viaxes diarias: unha viaxe de ida pola mañán e outra de regreso á hora do xantar; outra de ida despois de comer e unha de volta pola tarde. Os horarios deberían ser pactados entre os estudiantes, o concello e a empresa de autobuses.
Unha boa proposta para o Val Miñor
Escrito por: Xanval (Invitado) o 28-02-2008