V. Claves para o transporte sostible. Propostas alternativas.
Como resumo e conclusión deste traballo debemos decir que un transporte sostible non é sinxelo de acadar por ser, como xa apuntamos, o transporte un ben de consumo inherente a toda actividade humana que ten repercusións a diferentes niveis. Por esta razón requírese un grande esforzo por parte das administracións locais para acadar un modelo de transporte que non contribúa a degradación ambiental, á exclusión social, á deshumanización dos núcleos urbáns, etcétera. Tamén requírese a participación cidadá na discusión do modelo de tranporte máis desexable para tod@s. É imprescindible facer unha transición dende o transporte individual ao colectivo, de ahí que sexa necesario actuar en diversos frontes:
A) Fomenta-lo transporte público.
O transporte público debe estar subvencionado. A única forma de acadar un transporte público de calidade é invertindo fondos públicos.
B) Outras experiencias de transporte privado colectivo.
Tratase de ideas prácticas para fomentar un uso máis racional e responsable do vehículo privado. Entre as iniciativas existentes podemos destacar:
O Coche compartido
Compartir coche é unha idea que xurde de xeito natural na mente das persoas. Moitas persoas creen que o uso individual e indiscriminado do seu automóvil non ten ningunha lóxica. ¿Canta xente te despraza cun único ocupante regularmente dende o seu domicilio ós lugares de traballo, estudio e ocio? ¿Cantas horas pasamos esperando sucesivos autobuses? ¿Canto tempo e cartos perdemos en atopar aparcamento? O natural non é que cada un use o seu coche, o natural é compartir. Compartir coche divide os gastos e multiplica os beneficios, permitindo aforrar cartos, contaminar menos e estimular as relacións humanas. Compartir é un dos mellores valores aos que pode aspirar unha sociedade. Compartir coche é un costume normal noutros países de Europa coma Alemaña, onde o asfalto ocupa o 10 % da superficie do país.
A aparición e difusión de Internet foi decisivo para este tipo de intercambios. Actualmente existen numerosas páxinas Web destinadas a que as persoas concerten viaxes compartidas a nivel provincial, nacional e internacional (compartir.org, viajamosjuntos.com, coche-compartido.com, viajandojuntos.com, ...) Os desplazamientos fixos por motivos académicos e laborais aos centros de ensino e traballo son ideais para este tipo de iniciativas, pero tamén serven para as persoas que queiran compartir gastos de viaxes longas, e moitas máis posibilidades. O funcionamiento destes espacios é moi sinxelo. Básicamente funciona coma unha base de datos que consta de dúas categorías, unha para os usuarios que non dispoñen de coche propio e buscan conductor e outra para aqueles conductores que están buscando acompañantes. A utilidade destes espacios está en que permiten o contacto rápido e sinxelo entre os usuarios a través do correo electrónico.
As campañas de coche compartido reciben apoio institucional dende numerosas oprganismos. Moitas universidades españolas implantaron campañas de coche compartido que contan cun enlace na páxina web oficial. O ano pasado, a Universidade de Vigo sumouse a esta tendencia de apoio ao transporte sostible, cunha campaña chamada Cheo, por favor (podese acceder dende http://webs.uvigo.es/cochecomp/ ). O impulso desta campaña estivo motivada por moitos dos problemas que xa comentamos. En primero lugar a incapacidade dos aparcadoiros das facultades para dar cabida á grande cantidade de coches, xunto co feito de que o 75 % dos vehículos que viaxaban ao Campus estaban ocupados por unha soa persoa, segundo un estudio levado a cabo pola oficina de estadística da propia universidade. Outras universidades que apoian o transporte sostible son:
- Universidade de Málaga -
- Universidade de Cartagena -
- Universidade de Sevilla
- Universidade Rovira i Virgili
-... As campañas de coche compartido tamén reciben apoio por parte das administracións locais.
Exemplos:
- Concello de Vigo
- Concello de Moaña
- Concello de Murcia
- Concello de Vitoria-Gasteiz
-Concello de Cartagena
- Concello de Gavá
- Concello de Zarautz
- ...
Iniciativas locais para compartir coche no Val Miñor
A asociación para o Consumo responsable e xusto (ACREXOVAL) constituida no ano 2005 por un grupo de xoves do Val Miñor para loitar por unhas condicións de consumo locais máis respetuosas co medio ambiente e coa vida das persoas, implantou na súa páxina web un sistema para compartir coche (ver www.valminor.info/acrexovalweb) Os sistema funciona como un sinxelo taboleiro virtual onde os usuarios que demandan e ofertan prazas de coche compartido poden porse en contacto con total confidencialidade.
Desgraciadamente, a experiencia demostrou que o mero feito da existencia deste servizo non garantiza o seu éxito, como pon en evidencia o feito de que o coñecemento e uso deste servizo pola nosa comunidade é nulo. Estas iniciativas só terán éxito se veñen acompañadas de campañas de sensibilización que conten co apoio e a implicación das administracións locais e cun investimento mínimo en publicidade, do contrario non deixan de ser máis que actividades marxinais destinadas ao fracaso.
"Carsharing" ou coche multiusuario
Esta idea surxe como alternativa á propiedade privada dos vehículos, destinada a persoas que non necesitan un coche propio porque xa teñen cubertas as suas necesidades principais de tranporte co transporte público. Consiste no dereito de uso dunha flota de vehículos por parte dunha comunidade de usuarios. A diferencia do tradicional aluguer de vehículos, os usuarios pagan unha cuota periódica por dispoñer dun vehículo en todo momento de forma rápida e unha tarifa segundo o uso efectuado, que pode ir dende unhas horas ata varios días, aforrándose os costes de mantemento.
Esta idea xa funciona na maioría de países da UE, e en España despegou tamén en Cataluña (ver www.catalunyacarsharing.com/esp/diptic.asp
C) Reducción da movilidade motorizada nos traxectos cortos
Moitos dos embotellamentos nos núcleos urbáns debense a desplazamentos cortos dun grande número de vehículos. O fomento dos desplazamentos en bici ou a pé é unha alternativa interesante nos traxectos cortos en certas circunstancias, sobre todo nos meses de bo tempo. Nembargantes estas iniciativas requíren do acondicionamento das estradas coa construccción de carrís bici e zonas peatonais (paseos, beirarrúas, zonas verdes) especialmente protexidos do tráfico motorizado.
Unha boa proposta para o Val Miñor
Escrito por: Xanval (Invitado) o 28-02-2008