Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

21 11/08
Portada arrow Novas arrow Xerais arrow Reflexións, alternativas e revindicacións para un transporte sostible no Val Miñor
Reflexións, alternativas e revindicacións para un transporte sostible no Val Miñor PDF Imprimir Correo-e
(4 votos)
 

Escrito por Senén Costas , ACREVOXAL, o 28-02-2008

Visitas : 1253

Índice de artigos
Reflexións, alternativas e revindicacións para un transporte sostible no Val Miñor
Páxina 2
Páxina 3
Páxina 4
Páxina 5
Páxina 6
Páxina 7

II. O sistema de trasporte público no Val Miñor. Unha análise da rede de autobús

Os servizos de transporte público de viaxeiros con que conta o Val Miñor son básicamente o barco ás illas Cíes nos meses do verán dende o porto de Baiona, un servizo de taxis en cada Concello e por último un servizo de autobuses que será o que trataremos.

Dun lado podemos distinguir as empresas de autobuses que realizan transporte de viaxeiros non discrecional, fundamentalmente dando servizo aos centros de ensino da zona no transporte de estudiantes, que por adicarse a un colectivo específico non trataremos aquí.

Por outra banda están os servizos de transporte de viaxeiros con parada discrecional, que funcionan como autobús urbano e interurbano comunicando os tres concellos da comarca entre sí e cos concellos veciños de Vigo e A Guarda. Existen dúas empresas que operan na comarca con este servizo. Unha delas é Melitour que explota a liña Gondomar-Vigo pola estrada de Vincios. A outra, con maior número de usuarios, é Automóviles de Tui S.A. (ATSA) que conta coas liñas A Guarda-Vigo, Baiona-Vigo e Gondomar-Vigo, atravesando dous itinerarios distintios. Un comprende a estrada pola vía (PO-325) e o outro a tradicional estrada C-550 que atravesa o centro urbán de Nigrán. Este servizo de autobús é o máis importante da comarca e é o que se analiza con detalle a continuación.

As principais deficiencias que atopamos son as seguintes:

 

 

As tarifas

Dende fai moitos anos o prezo do billete ven sufrindo un aumento continuado ano tras ano, sobre todo dende a chegada do euro. Moitos usuarios consideran que o prezo é abusivo e non se corresponde coa calidade do servizo, que dende anos non mellora e permanece estático, sendo os horarios, liñas, …, os mesmos dende hai moito tempo.

O sistema de descontos e bonos é moi escaso, prácticamente redúdese a un bono mensual que so interesa aos usuarios que utilizan este servizo tódolos días. Por outra banda o desconto co carné de familia numerosa non se aplica ao billete mínimo, polo que os usuarios que efectúan traxectos mínimos non se poden beneficiar destas subvencións.

Horarios
A franxa horaria de funcionamiento deste servizo vai dende as 6-7 da mañá ata as 21-22 horas, polo que as liñas nocturnas son moi escasas, algo que ailla moito ao Val Miñor e non se corresponde co seu actual crecemento económico, urbanístico e a intensidade de transporte requerida coa cidade de Vigo.

Dende fai uns anos existe unha liña nocturna Baiona-Vigo que funciona nos meses do verán e forma parte do proxecto Noitebús subvencionado pola Consellería de Transporte da Xunta de Galicia destinado a fomentar o lecer nocturno dos xóvenes. Aínda que este servizo é un grande atractivo turístico, non satisface a demanda dos cidadáns e, sobre todo os xovenes, reclaman liñas nocturnas durante todo o ano, prolongando os horarios nocturnos.

Marquesinas
Moitas paradas aínda están desprovistas deste tipo de cobertor, algo que non ten explicación dada a climatoloxía do Val, con chuvias tan abundantes.


Asuntos de legalidade entre empresas
A empresa ATSA, que opera en Gondomar, ten un conflicto legal con Melitour que tamén opera no mesmo territorio. Esta última non lle permite a primera que os usuarios da liña Gondomar-Vigo de ATSA realicen a viaxe completa. Os que viaxan dende Gondomar ata Vigo son obligados a apearse en Balaídos, e os que viaxan de Vigo a Gondomar tan só poden chegar a Mañufe. Actualmente este problema segue sen solución

Transporte local
A rede de transporte esta principalmente orientada ao transporte interurbano, comunicando os concellos do Val Miñor con Vigo. Nembargantes non se ten en conta as necesidades de transporte dentro da comarca. Non existe por exemplo, unha liña que conecte os concellos de Baiona e Gondomar. A única forma que hai de moverse entre os dous concellos é tomar dúas liñas e pagar dous billetes, cambiando de autobús na Ramallosa. No suposto de que non resultase factible un autobús directo entre ambos concellos nin sequera se pensou en ofrecer facilidades aos posibles usuarios. Tómese como exemplo a cidade de Vigo, na que a empresa VITRASA puxo en funcionamiento fai anos a posibilidade de transbordos gratuítos para os usuarios residentes en zonas con mala combinación de liñas.

Unha aposta pola movilidade local podería benficiar ou estimular alguna manera a nosa economía local que se atopa moi vinculada e dependente da cidade de Vigo

 

Transporte universitario

Este punto trátase con detalle no seguinte apartado.

 



   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 1 de 1 Comentarios

Unha boa proposta para o Val Miñor

Escrito por: Xanval (Invitado) o 28-02-2008

Unha boa proposta para o Val Miñor

Escrito por: Xanval (Invitado ) o 28-02-2008

Estache moi ben exposta a necesidade de dar unha solución viable a carencia e deficiencias de transporte nas nas liñas de viaxeiros que padecen os veciños d'os concellos do Val Miñor e das xentes de fora que visitan a bisbarra por necesidades de traballo ou pracer. 
E un problema que deben afrontar canto antes os Concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán en total sintonía e acordo. Quizás no seo da Mancomunidade do Val Miñor, polo menos mentres non se chega a unión dos tres Concellos nun solo que seria a mais razoable e eficaz. null

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 1 de 1 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Estarías de acordo en que Baiona, Nigrán e Gondomar se unisen nun só concello?