Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

21 11/08
Portada arrow Opinión arrow O curuto do corvo arrow Resposta a Eurovento. SOS Groba
Resposta a Eurovento. SOS Groba PDF Imprimir Correo-e
(4 votos)
 

Escrito por Xosé Lois Vilar Pedreira, o 01-03-2008

Visitas : 1413


ImageNo mes de agosto de 2007, a sociedade civil do Val Miñor e Baixo Miño xuntouse para crear a asociación SOS A Serra da Groba como unha iniciativa para concienciar á cidadanía dos graves riscos que correría esta serra en caso de que se construíran os tres parques eólicos que EUROVENTO ten proxectados, ademais da subestación eléctrica e a liña de alta tensión para evacuar a corrente eléctrica producida, que atravesaría a Groba polo leste. Desde a nosa constitución levamos a cabo unha labor de difusión e concienciación da enorme riqueza que encerra a Serra da Groba a través da realización de visitas guiadas diurnas e nocturnas, charlas nas aldeas afectadas, reunións cos distintos gobernos municipais, autoridades da Xunta de Galicia e xuntas directivas de montes.

O descoido de anteriores gobernos municipais e do país esqueceu reclamar a inclusión da Serra da Groba na Rede Natura 2000 polas súas características naturais e o seu ecosistema senlleiro. As autoridades e tamén a sociedade civil e os propietarios do monte esqueceron valorizar o riquísimo patrimonio cultural tanto material coma inmaterial. Perante este panorama de abandono, as multinacionais repartíronse Galicia en polígonos de instalación de parques eólicos, verdadeiros polígonos industriais, a prezo de saldo pero cun alto custo natural e patrimonial.

A través dos medios de comunicación escritos e audiovisuais e das devanditas charlas e visitas realizadas, a sociedade do Val Miñor e do Baixo Miño, e a sociedade galega en xeral, puido coñecer a grande riqueza da Serra da Groba:

  • A maior trampa para lobos de Galicia (máis de 1200 metros de paredes)
  • O máis importante labirinto gravado de Europa na laxe cruzada
  • Varios cemiterios neolíticos de hai 5000 anos
  • A maior reserva de cabalos salvaxes de raza galega que crean os milenarios curros da Valga, Torroña, Mougás e San Cibrán
  • Unha intensa explotación mineira tanto de ouro como de wolfram
  • Vestixios dunha intensa ocupación no período paleolítico (varias ducias de miles de anos)
  • Un castelo medieval esbarrullado
  • Numerosas cortes e aldeas medievais soterradas
  • Hábitat de especies protexidas polas distintas directivas europeas.
  • Existencia de numerosas turbeiras das que a Unión Europea esixe a conservación

E agora que temos as serras do país masacradas por uns 3000 aeroxeradores, aínda vén Eurovento (50 % capital xaponés) e mediante un informe de impacto ambiental que falsea completamente a realidade tenta instalar estas enormes estruturas de 125 metros de altura nos lugares máis elevados da Serra da Groba (O Custado, A Chan da lebre, A Gabiñeira).E falsea a realidade enganando os comuneiros e as autoridades non citando no seu informe ningunha das características antes citadas.

Para defender hai que coñecer e desde SOS A Serra da Groba alertamos do enorme estrago medioambiental e cultural que causaría a instalación destes enormes aeroxeradores na nosa serra.

Por iso SOS Groba estará presente na festa da Arribada pedindo sinaturas en contra do parque eólico Albariño I.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Participa

Imaxe crítica do Val Miñor. Estamos seguros de que durante o día atopas un milleiro de cousas que "che ferven o sangue" e que ninguén quere escoitar. Fai a túa foto denuncia. Nós si que te escoitamos.