Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

19 07/08
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow O “Punto 0” do Val Miñor
O “Punto 0” do Val Miñor PDF Imprimir Correo-e
(8 votos)
 

Escrito por A. Valverde Alonso, o 01-03-2008

Visitas : 652


Cruceiro de San Campio Ramallosa. Foto IEM
Cruceiro de San Campio Ramallosa. Foto IEM
Éche ben certo que o centro, o “Punto 0” do Val Miñor esta no “cruce” da Ramallosa. Baiona, Nigrán e Gondomar teñen, como non había de ser menos, os seus “centros” ou lugares onde, de cote e dunha maneira mais intensa, reúnense as xentes do lugar para falar das novas e dos “cotilleos”. Pero dada a situación xeográfica da bisbarra do Val Miñor e a disposición dos veiros de comunicación fan, coas redes de transporte que por elas discorren hoxe e noutro tempo tamén o Tranvía, facían e fan da Ramallosa o “Punto 0” do Val Miñor onde confluían todas as novas e “cotilleos” e dende alí espallábanse por toda bisbarra que facía coma caixa se resonancia de todas elas.

Antes o “Punto 0” estaba situado, en razón da xente que confluía nel, na Alameda -nos bancos mais ben- da Estación dos Tranvías ou no “Cruce” (o bar Galicia, o café do Centro, a tenda de Puga, a farmacia de Abal,….). Hoxe esta desprazado ao carón do marabilloso Cruceiro da campa de San Campío, onde multiplícanse as actividades pois a xente acude a este lugar para mercar os diarios, coller un taxi, oír a Misa (poucos) e sobre todo os domingos do verán, para oír os concertos das Bandas de Música da bisbarra que acertadamente organiza o Concello de Nigrán e que cada ano contan con mais asistencia.

Fai ben pouco, o Alcalde de Nigrán, que non sei se puxo a placa conmemorativa co seu nome -Alfredo Rodriguez- pero agora non che esta, interpretando a política do “medioambiente sostible” espetou no centro da rotonda da regulación do trafico uns arbores feitos con tubos de ferro dos que penduraban uns cacharros con flores e pintou os arbores dun cor lila. Un “feismo” a ter en conta. A o pouco tempo rectificou e pintounos de verde.

De todo canto pasaba e pasa e de todos os que pasaban e pasan, levábase e levase boa conta, non se sabe por quen, nin cando, nin como, pero sábese e espallase a todo o que o queira saber.

Nembargantes, moitas das historias e dos personaxes que pasaron por ese lugar hoxe están esquecidos e cumpre lembrar algunha delas.

Nestas lembranzas imos encontrar personaxes de moi distintos xeitos e pelaxes, parvos algúns, “listos” outros, que de todo pasou dabondo pola Ramallosa, tantos que hasta hai quen pensa que “e terra de parvos” e bótanlle a culpa a influencia das persistentes brétemas que nacen e cobren os leitos de ríos e regatos da bisbarra ou que veñen e teñen cheiros do mar, ou as “nubes rastreiras” que baixan dos montes dos arredores (A Groba, San Antoniño, O Galiñeiro, Montes de Coruxo ou Monteferro) que non deixan velos, pero todos eles con historias que falan das súas teimas.

Así imos a ir lembrando a: Carmen “a coxa”; José “o Portugués”; “Cristo Loureiro”; “Xesús, arría o galo”; “O galo do xefe da Estación”; “O Can Blanco”; José “o dos fígados esfarelados”; Milagros “a de Peitieiros”; “O soldado”; “O Mudo”;…. E todos aqueles, grandes ou pequenos, que vaian asomándose a fiestra das lembranzas




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa