| Escrito por Atlántico Diario,
o 04-03-2008
|
Visitas : 1121 |
 Rubén Ruzafa. Foto Atlantico.net O ciclista andaluz Rubén Ruzafa, campión de España de BTT, é o principal favorito. A cita do sábado será o inicio do calendario galego da competición. Rubén Ruzafa. Rubén Ruzafa. O corredor andaluz Rubén Ruzafa, campión de España de BTT, será o principal protagonista na carreira que se disputará este sábado (15:30) no circuíto de Monteferro en Nigrán.
A proba, de categoría nacional contará coa presenza, ademais do malagueño, dos principais corredores de Galicia e varios procedentes de Portugal e Castilla-León e estará organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Nigrán en colaboración con Monteferro Bike Club e a firma Team Relay. Ruzafa tomará parte na proba elite coa aspiración de sumar un novo triunfo esta tempada e incluír por vez primeira na súa palmarés esta clásica do calendario galego de BTT. O corredor malagueño chegará a Nigrán mañá co fin de adestrar no circuíto deseñado por Team Relay no alto de Monteferro. Fonte: Atlántico Diario
|
|
|
 |
|
|
|
|
|
Cierto
Escrito por: Cris (Invitado) o 09-03-2008