Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

12 10/08
Portada arrow Canais arrow Deportes arrow Mentres nos quede esperanza
Mentres nos quede esperanza PDF Imprimir Correo-e
(6 votos)
 

Escrito por X.M. SOS Groba, o 04-03-2008

Visitas : 627


ImageRemata hoxe o prazo para presentar alegacións ao Plan Eólico da Xunta. Segundo informacións da prensa, a patronal decidiú non alegar como colectivo, si o poden facer empresas a título individual, e prefiren porse a traballar arreo para presentar as propostas para conseguir algunha das concesións previstas a partires do próximo domingo, día nove de marzo. É moito o que está en xogo e ninguén se quere arriscar a quedar fóra do reparto.


Alomenos 1500 muíños de vento ou aeroxeradores, de máis potencia e maior altura. Iste domingo no telexornal do medio día puñan o exemplo - a propaganda non cesa- dun parque eólico entre Guitiriz e Vilalba, que tiña xa en funcionamento aeroxeradoresw de 85 metros de altura con aspas de 45. Sumando veñen sendo uns 120 metros de altura. De seguro que os paxaros non van a pousar niles aínda que esten parados, nin as lagartixas se atreveran a tomar o sol pegadas a ise tubo xigantesco. Si así fora, unha lagartixa de Guitiriz podería ollar ao lonxe a unha prima das Pontes ou Mondoñedo dende tan magna atalaia.

Mil cincocentos muíños de vento máis espallados por todo o país. Pregunto, ficará algún recanto da antiga e vella Galiza verde sen os xigantestos fungos?. Onde se van a colocar?. Hai paises que tamén teñen problemas coa enerxía e apostan polas mal chamadas renovables, ero,non a costa de destrurir a paisaxe e a natureza que, por suposto ten para iles un valor maior que o que poida supor a producción duns milleiros de Kilovatios. Ser os primeiros en producción eólica a costa de destruir as terras altas, as serras e os montes mellor conservados do país, non creo vaia a ser a solución aos problemas que temos, nin o principio da concienciación de que hai que aforrar máis e gastar menos. A industria nunca pensou no país nin nas súas xentes. A industria busca balances positivos e crecementos contables ao fin do ano. O que teñan que facer para logralo sempre se basa na mesma fórmula.: non importa o investimento se o beneficio compensa . A min dame igual que sexa unha empresa, dúas ou tres as que se xunten para conseguir arrincar beneficio do que é de todos. As migallas que deixan polo camiño non van pagar os estragos e os impactos que lle fan a nosa terra. Cando non quede xa nin un só recanto do país dende o que se poda botar unha ollada ao lonxe sen ver unha industria nos cumes dos montes, ise día enterrarei a esperanza, que é o pouco que aínda nos queda a algúns que amamos a nosa terra. Mentres, seguiremos a loitar para que ise día non chegue nunca.

Máis informacion SOS Serra da Groba 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >