| Escrito por Diego G. Moreira [GalegoMotor.es],
o 08-03-2008
|
Visitas : 265 |
Hyundai acaba de lanzar este mes, o novo i10, un pequeno utilitario que subtitúe o Atos, e que se converte nunca boa alternativa as marcas tradicionais se buscamos un utilitario para a cidade.
Hyundai fai pouco cambiaba a denominación para os seus modelos, e adotaba a famosa "i", todos os modelos novos con esta nomenclatura serían sinónimo de calidade, e así quedou demostrado co i30. Con moita maior calidade de acabados, cun deseño moito máis moderno, e coa mellora da seguridade, atopamos no i10 un aliado para as nosas conxestionadas cidades.Pero onde a revolución foi total é no seu interior, pasamos dun interior -o do Atos- seco, e sen personalidade, a un interior -o do i10- moito máis moderno e con elementos como o radio-cd integrado ou a posibilidade dun cambio automático. A ergonomía e calidade dos materiais utilizados tamén mellorou moito.
 O i10 está dispoñible cun motor de gasolina con 1,1 litros e 66 CV de potencia e cambio manual ou automático segundo o acabado. Máis adiante chegará unha mecánica diesel 1.1 CRDI e un 1.2 16V gasolina.  Os niveis de equipamento son tres: CLASSIC que dispón de: Dirección asistida,Asentos traseiros abatibels,Radio CD con MP3, ABS + EBD, Dobre airbag, Neumáticos ECO.
COMFORT (engade ó anterior):Paragolpes e espellos pintados en cor carrocería, Spoiler posterior, Llantas de aceiro, Cerre centralizado con mando, Alarma antirroubo, Aire acondicionado.
STYLE (engade ó Comfort):Teito solar eléctrico, Focos antineboa, Llantas de aleación, Catro elevalunas eléctricos,Rexilla dianteira cromada,Espellos eléctricos.
 Cuns prezos recomendados: 1.1i Classic 9.700 € // 1.1i Comfort 10.700 € // 1.1i Style 11.700 € // 1.1i Style Aut. 12.700 € Despois do verán estará dispoñible o ESP.
|
|
|
 |
|
|
|
|
|