Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 07/08
Portada arrow Novas arrow Nigrán arrow Inés Abril representará o mellor da cociña galega en Madrid
Inés Abril representará o mellor da cociña galega en Madrid PDF Imprimir Correo-e
(5 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 13-03-2008

Visitas : 425


ImageEstá veciña da parroquia de Priegue de 27 anos representará a Galicia no "XI Campeonato de Cocina de España", que se celebrará estes días en Madrid. O nome de Inés Abril xa resoa nos medios de comunicación e revistas especializadas de gastronomía despois de gañar o IX Campionato Galego de Cociña celebrado a pasada semán en Santiago de Compostela.

En segundo lugar quedou clasificado Carlos Rodal Fraga, do restaurante Los Abetos, de Nigrán, e terceiro foi Alfonso González Pendás, de Casa Pendás, de Sebes-Narón.

Inés Abril, cociñeira do restaurante Maruja Limón en Vigo, preparou para este concurso rexional unha receita de salmón con queixo San Simón e ensalada morna aderezada de hortalizas e follas. E un cordeiro lechal con cogomelos, fabiñas e chícharos.

O xurado desta competición tivo nesta ocasión un carácter marcadamente internacional, xa que formaron parte del especialistas de Estados Unidos e Portugal, ademais dos procedentes de diferentes lugares de España, incluida a representación galega.

Entre os membros do equipo que fallou o premio destacou a presenza de Colette Rossant, columnista de gastronomía do diario norteamericano The New York Times, así como da xaponesa-americana Mini Oka e de varios xornalistas gastronómicos portugueses, con André de Quiroga á cabeza.

Como campiona de Galicia, Inés Abril participará no campionato estatal que terá lugar os próximos días 15 e 16 de abril no marco do "XXII Salón Internacional do Club Gourmets". De ahí sairá a ou o aspirante español ao prestixioso certame internacional Bocuse D´or.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

  • Relacionadas
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?