Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

08 07/08
Portada arrow Novas arrow Baiona celebra hoxe un pleno extraordinario para aprobación do orzamento.
Baiona celebra hoxe un pleno extraordinario para aprobación do orzamento. PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
 

Escrito por Redaccion, o 14-03-2008

Visitas : 390


Image O balance de ingresos e gastos sitúase neste exercicio en 8.600.000 euros e contan cuns investimentos reais de 769.694 euros. As contas deste ano aumentan en 1,4 millóns de euros respecto ao ano pasado, a pesar da suspensión de licenzas urbanísticas pola tramitación do Plan Xeral, aínda que está prevista a petición dun crédito de 350.000 euros para afrontar investimentos.  O PSOE de Baiona denuncia que o goberno local só lle deixou dous días de marxe para o estudo do novo orzamento.

O orzamento de este ano aumenta en 1,4 millóns de euros respecto ao ano pasado, cunha petición dun crédito de 350.000 euros para afrontar investimentos. A concellaría de Benestar Social contará cunha partida de 430.000 euros.

Os orzamentos deste a creación de 13 novas prazas e un aumento de 20 euros ao mes para os operarios de Vías e Obras e Iluminación Pública e tamén se incrementa o complemento de destino da policía local.

A partida detinada este ano para Turismo ascende a 133.900 euros.  

O PSOE de Baiona denuncia a rapidez da tramitación.

Os socialistas de Baiona denuncian que tiveron só dous días de marxe para o estudo do orzamento.

O PSOE asegura nunha nota de prensa, que o pasado sábado 8 de marzo foron convocados a unha comisión informativa para o día 11 de marzo para tratar os contidos do próximo pleno extraordinario a celebrarse o 15 de marzo. Deste de xeito  modo o bipartito tan só lle deixa o PSdeG-PSOE de Baiona dous días de marxe para o estudio do orzamento.

O PSdeG-PSOE de Baiona aseguran que é "plenamente consciente da importancia do documento e, así mesmo, da necesidade de dispor de tempo dabondo para estudalo con rigor co obxectivo de realizar, nas condicións axeitadas, a labor de oposición para a que unha parte importante do pobo de Baiona lle deu a súa confianza."

A Agrupación Socialista de Baiona denuncia "os modos antidemocráticos e a falla de respecto que está a amosalo bipartito cara o principal partido da oposición e por conseguinte a xente que representa."

Así mesmo o PSdeG-PSOE de Baiona lamenta que "os chamamentos ao consenso que o alcalde Almuiña fixo durante a presentación pública do PXOM en menos de tres meses tórnense nunha falla de respecto constante e división que coidamos non é o que precisa o pobo de Baiona."




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 2 de 2 Comentarios

Mañá igual toca

Escrito por: baionaconsciente (Invitado) o 14-03-2008

Mañá igual toca

Escrito por: baionaconsciente (Invitado ) o 14-03-2008

Tes razón, Pinto, Sabarís está agora mesmo paralizada por meros intereses políticos. 
 
Mañá igual falamos do tema no blogue. ¿porqué sae agora o señor Almuiña cun concurso de ideas para a humanización de Sabarís? Aquí hai máis dun que garda segredos.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Olvidados

Escrito por: Pinto (Invitado) o 14-03-2008

Olvidados

Escrito por: Pinto (Invitado ) o 14-03-2008

Eu xa perdían a conta dos cartos que leva gastado o concello de Baiona na zona vella, en acondicionamento de paseos, recheos, papeleiras iluminación, pavimentado de pedra.... todo en menos de 500 m que discorren pola rúa Elduayen. E o resto das parroquias qué? Sabaris non merece nu proxecto de humanización do seu crentro e unha ordenación do tráfico? 
Non merece uns contenedores en condicións? 
Non merece un pavimentado de Julián Valverde? 
 
Ou só merecemos recibir aos partidos políticos en campaña electoral?

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 2 de 2 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Cal consideras, é o punto máis feble do Val Miñor?