Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

29 07/10
Portada arrow Novas arrow Baiona arrow Baiona celebra hoxe un pleno extraordinario para aprobación do orzamento.
Baiona celebra hoxe un pleno extraordinario para aprobación do orzamento. PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
Escrito por Redaccion   
Venres, 14 de Marzo do 2008

Image O balance de ingresos e gastos sitúase neste exercicio en 8.600.000 euros e contan cuns investimentos reais de 769.694 euros. As contas deste ano aumentan en 1,4 millóns de euros respecto ao ano pasado, a pesar da suspensión de licenzas urbanísticas pola tramitación do Plan Xeral, aínda que está prevista a petición dun crédito de 350.000 euros para afrontar investimentos.  O PSOE de Baiona denuncia que o goberno local só lle deixou dous días de marxe para o estudo do novo orzamento.

O orzamento de este ano aumenta en 1,4 millóns de euros respecto ao ano pasado, cunha petición dun crédito de 350.000 euros para afrontar investimentos. A concellaría de Benestar Social contará cunha partida de 430.000 euros.

Os orzamentos deste a creación de 13 novas prazas e un aumento de 20 euros ao mes para os operarios de Vías e Obras e Iluminación Pública e tamén se incrementa o complemento de destino da policía local.

A partida detinada este ano para Turismo ascende a 133.900 euros.  

O PSOE de Baiona denuncia a rapidez da tramitación.

Os socialistas de Baiona denuncian que tiveron só dous días de marxe para o estudo do orzamento.

O PSOE asegura nunha nota de prensa, que o pasado sábado 8 de marzo foron convocados a unha comisión informativa para o día 11 de marzo para tratar os contidos do próximo pleno extraordinario a celebrarse o 15 de marzo. Deste de xeito  modo o bipartito tan só lle deixa o PSdeG-PSOE de Baiona dous días de marxe para o estudio do orzamento.

O PSdeG-PSOE de Baiona aseguran que é "plenamente consciente da importancia do documento e, así mesmo, da necesidade de dispor de tempo dabondo para estudalo con rigor co obxectivo de realizar, nas condicións axeitadas, a labor de oposición para a que unha parte importante do pobo de Baiona lle deu a súa confianza."

A Agrupación Socialista de Baiona denuncia "os modos antidemocráticos e a falla de respecto que está a amosalo bipartito cara o principal partido da oposición e por conseguinte a xente que representa."

Así mesmo o PSdeG-PSOE de Baiona lamenta que "os chamamentos ao consenso que o alcalde Almuiña fixo durante a presentación pública do PXOM en menos de tres meses tórnense nunha falla de respecto constante e división que coidamos non é o que precisa o pobo de Baiona."




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=
 
< Ant.   Seg. >

Documentación Baiona

Documentación PXOM

Contido do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Baiona

  1. INFORMACIÓN URBANÍSTICA
    1. Memoria informativa (.pdf 1MB)
    2. Planos de información xeral (.pdf 114MB)
    3. Planos información dos núcleos rurais 1/2000 (.pdf 43MB)
    4. Planos de información do casco urbano 1/1000 (.pdf 32MB)

  2. ESTUDO DO MEDIO RURAL E ANÁLISE
    DO MODELO DE ASENTAMENTO POBOACIONAL
    1. Memoria medio rural (.pdf 2MB)
    2. Modelo de asentamento poboacional (.pdf 2MB)
    3. Fichas de núcleos rurais, planos e ortofotos (.pdf 2MB)

  3. ORDENACIÓN
    1. Memoria xustificativa (.pdf 16MB)
    2. Estratexia de actuación e estudo económico (.pdf 62MB)
    3. Planos de ordenación dos núcleos 1/2000 (.pdf 48MB)
    4. Planos de ordenación do casco urbano 1/1000 (.pdf 150MB)
    5. Planos de clasificación do solo. Estrutura xeral do territorio 1/5000 (.pdf 44MB)
    6. Planos de infraestructuras 1/5000

  4. NORMATIVA URBANÍSTICA
    1. Normativa urbanística de Baiona (.pdf 138MB)

  5. CATALOGO DO PATRIMONIO CULTURAL
    1. Patrimonio arquitectónico e etnográfico (.pdf 15MB)
    2. Patrimonio arqueolóxico (.pdf 15MB)

 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa