| Escrito por Atlántico Diario,
o 14-03-2008
|
Visitas : 1159 |
O campionato reunirá a unha veintena de equipos das categorías inferiores dos mellores clubs do baloncesto nacional. O III Torneo de Minibasket Caixanova acollerá o último fin de semana de marzo a 24 equipos das categorías inferiores dos grandes clubs do baloncesto galego e nacional. Durante os días 29 e 30 de marzo, doce conxuntos femininos e outros tantos masculinos enfrontaranse na cancha deportiva do pabellón de Baiona.
Representarán as bandeiras de quince equipos, a canteira das súas escolas, entre os que se atopan o Estudantes de Madrid, Capitol de Valladolid, Nigrán, Seis do Nadal, Breogán de Lugo, a Escola Municipal de Ourense, Celta Vigourbán ou o anfitrión, o Club Baloncesto Baiona. Os alevines enfrontaranse durante a xornada do sábado nas preliminares, reservando o domingo para as semifinais e a gran final. Ademais, un concurso de tiro a canastra de ámbito social e promocional reunirá en Baiona a xornalistas, autoridades e xogadores do primeiro equipo do Gestibérica e do Vigourbán, un acto que servirá de preámbulo festivo do torneo, o 26 de marzo. Fonte- Atlántico Diario
|
|
|
 |
|
|
|
|
|