Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

13 10/08
Portada arrow Novas arrow As obras en nigrán seguen a bo ritmo.
As obras en nigrán seguen a bo ritmo. PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 18-03-2008

Visitas : 634


ImageAs obras no litoral no concello de Nigrán están a transformar o seu frente litoral. Despois de que a Demarcación de Costas de Pontevedra escomezou a recuperacion das dunas ó final do paseo de Panxón, o servicio de obras do concello estivo reforzando o talud na praia de Patos que o temporal derrubou este inverno. Neste momento as obras escomezaron no entorno da praia de a Madorra e Area Fofa.

Nesta última, o Ministerio de Medio Ambiente, a través da Dirección de Xeral de Costas, está a recuperar  o frente desta praia. As obras consisten na instalación dunha pasarela de madeira e rampas de acceso ó areal con acceso para persoas con discapacidade e o contrachapado do muro de formigón en pedra para mellorar a súa estética e integración co entorno.

ImageNa praia de A Madorra, a brigada de obras do concello empezou a trasladar o cadro eléctrico da estación de bombeo. Despois de que se traslade o cadro eléctrico, Costas demolerá a caseta existente e acometerá a construcción dun pequeno paseo litoral e unha rampa de pedra de acceso ó areal, mellorando significativamente este espacio.

As actuacións no litoral de máis envergadura tamén continuan na súa fase de elaboración a bo ritmo. Para a elaboración do sendeiro litoral na península de Monteferro a zona foi visitada por Cristina de Paz-Curbera, Xefa da Demarcación de Costas de Pontevedra, Antonio Iglesias, Xefe do Servicio de Proxectos e Obras, e varios concelleiros do Goberno Municipal. Según indicou o Xefe de Proxectos, nestes momentos enviáronse a Madrid os pregos para a contratación da redacción do proxecto do sendeiro litoral.

O Goberno Municipal do concello de Nigrán confía en que os habitantes e visitantes do Concello poderán disfrutar este verán das significativas melloras que se están a producir. “O apoio recibido das administracións do estado son o froito das xestións feitas polo actual goberno municipal que está traballando a reo para cambiar este concello e dignificar a xestión política”.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 2 de 2 Comentarios

de costas e de lado

Escrito por: Larus fuscus (Invitado) o 10-04-2008

de costas e de lado

Escrito por: Larus fuscus (Invitado ) o 10-04-2008

Estaslle chamando paisaje natural del litoral a un paseo marítimo que se cargou a duna natural, ou ó relleno de escombro de area fofa que se retirou en parte do areal natural? eu xa non entendo nada, se precisamente costas o que fai é acondicionar espacios litorais urbanos da maneira menos impactante posible. Ó mellor preferimos muros de formigón, malecóns, paseos de plaqueta, farolas, bancos........ 
Como dicía miña aboa: cada loco con su tema

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Dejemos estar

Escrito por: Panxoneiro (Invitado) o 10-04-2008

Dejemos estar

Escrito por: Panxoneiro (Invitado ) o 10-04-2008

Como no paremos a estos de Costas van a transformar el paisaje natural del litoral por uno semiurbano con pasarelas de madera. Bueno, así cuando se celebren esos botellones de verano no les coge el rocío. 
Saudos para Juan Hermida Lago.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 2 de 2 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Cal consideras, é o punto máis feble do Val Miñor?