Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

17 05/08
Novas cortas de arborado en Monteferro PDF Imprimir Correo-e
(5 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 18-03-2008

Visitas : 223


A nova corta afecta a máis de hectárea e media
A nova corta afecta a máis de hectárea e media
Salvemos Monteferro denunciou a semán pasada unha nova corta ilegal de grandes proporcións en Monteferro. Facía dous anos que non se producían cortas nesta contorna natural. O concello ordeou a paralización das cortas e a apertura dun expediente contra a comunidade de montes. O pasado día 6 iniciouse unha corta masiva de piñeiros e eucaliptos que afectou á zona comprendida entre a estrada de subida e o camiño do faro, nunha extensión superior a unha hectárea. Unha corta a mata rasa, explicitamente prohibida polas Normas Subsidiarias vixentes. 

Ante os feitos, Salvemos Monteferro presentou denuncias ante a Concellería de Medio Ambiente de Nigrán, e alertou á Consellería de Medio Rural. Segundo indican, é a primeira vez que o Concello de Nigrán toma medidas necesarias para facer cumprir a lexislación vixente sobre a corta de arborado en Monteferro.  

A corta afectou a máis de unha hectárea e media de arborado a sumar ao proceso de deforestación e deterioro que padece este monte. Salvemos Monteferro denuncia que a comunidade de montes tiña un permiso da consellería de Medio Rural para tres tipo de cortas. Clareos sucesivos, franza de protección de vivendas e corta a mata rasa dunha superficie de media hectárea. Esta última corta é ilegal e contravén o estipulado nas normas subsidiarias do concello de Nigrán, que sendo máis restrictivas e explícitas para o caso de Monteferro priman sobre a lei de Montes.

 

A consellería de Medio Rural alegou descoñecemento das normas subsidiarias pese a que foran presentadas pola asociación até catro veces ante a Delegación de Medio Rural nos últimos dous anos por motivo do proxecto de contrucción de varios viais no monte. Salvemos Monteferro asegura que resulta chocante " que persoas que ostentan un cargo de responsabilidade na administración ignoren un precepto legal tan elemental como a prevalencia legal da norma máis concreta e restrictiva".

Segundo informacións que manexa Salvemos Monteferro, a operación podería reportar á comunicade de montes arredor de 45.000 euros que segundo a experiencia da tala anterior, non repercutirán en benficio do montes.

Os ecoloxistas piden ao concello que a sención teña en conta eses beneficios ilegais para que a infracción non resulte rendible.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 3 de 3 Comentarios

A mais da multa

Escrito por: Xanval (Invitado) o 28-03-2008

A mais da multa

Escrito por: Xanval (Invitado ) o 28-03-2008

A mais da multa que a de ser a maior posible, para que sirva de exemplo e de disuasión de feitos coma este, deberiaselle obrigar a restituir -e unha norma que figura nas leies- con unha repoblación de especies autoctonas. 
Ainda asi, non se teria reparado a desfeita da tala pois solo co paso do tempo, unha morea de anos, volveranse a ver os arbores a xeito.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Fórmula

Escrito por: Sebe (Invitado) o 25-03-2008

Fórmula

Escrito por: Sebe (Invitado ) o 25-03-2008

A fórmula é sencilla. Multa, e canto máis grande mellor. Non pode sair rendable talar o monte e seguir con esta política de feitos consumados porque eu coido que implica premeditación no delito. 
 
A multa económica é o unico que lles doe a estos. Canto máis grande mellor. E logo o que queira ir detrás e seguir os pasos dos ilegais xa sabe o que lle espera. A multa debe ser exemplar para todos os infractores. Incluídas as promotoras. Non se pode por multas a un xigante que lle supoña o seu gasto en cafés e comidas. A multa debe implicar un bó susto para eses xigantes.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

atentado ecolóxico

Escrito por: Brais (Invitado) o 19-03-2008

atentado ecolóxico

Escrito por: Brais (Invitado ) o 19-03-2008

Estes tíos non oiron falar do cambio climático? Do patrimonio natural? 
Alejos por favor, vai talar a Nova York!

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 3 de 3 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >