
A nova corta afecta a máis de hectárea e media
Salvemos Monteferro denunciou a semán pasada unha nova corta ilegal de grandes proporcións en Monteferro. Facía dous anos que non se producían cortas nesta contorna natural. O concello ordeou a paralización das cortas e a apertura dun expediente contra a comunidade de montes.
O pasado día 6 iniciouse unha corta masiva de piñeiros e eucaliptos que afectou á zona comprendida entre a estrada de subida e o camiño do faro, nunha extensión superior a unha hectárea. Unha corta a mata rasa, explicitamente prohibida polas Normas Subsidiarias vixentes.
Ante os feitos, Salvemos Monteferro presentou denuncias ante a Concellería de Medio Ambiente de Nigrán, e alertou á Consellería de Medio Rural. Segundo indican, é a primeira vez que o Concello de Nigrán toma medidas necesarias para facer cumprir a lexislación vixente sobre a corta de arborado en Monteferro.
A corta afectou a máis de unha hectárea e media de arborado a sumar ao proceso de deforestación e deterioro que padece este monte. Salvemos Monteferro denuncia que a comunidade de montes tiña un permiso da consellería de Medio Rural para tres tipo de cortas. Clareos sucesivos, franza de protección de vivendas e corta a mata rasa dunha superficie de media hectárea. Esta última corta é ilegal e contravén o estipulado nas normas subsidiarias do concello de Nigrán, que sendo máis restrictivas e explícitas para o caso de Monteferro priman sobre a lei de Montes.
A consellería de Medio Rural alegou descoñecemento das normas subsidiarias pese a que foran presentadas pola asociación até catro veces ante a Delegación de Medio Rural nos últimos dous anos por motivo do proxecto de contrucción de varios viais no monte. Salvemos Monteferro asegura que resulta chocante " que persoas que ostentan un cargo de responsabilidade na administración ignoren un precepto legal tan elemental como a prevalencia legal da norma máis concreta e restrictiva".
Segundo informacións que manexa Salvemos Monteferro, a operación podería reportar á comunicade de montes arredor de 45.000 euros que segundo a experiencia da tala anterior, non repercutirán en benficio do montes.
Os ecoloxistas piden ao concello que a sención teña en conta eses beneficios ilegais para que a infracción non resulte rendible.
A mais da multa
Escrito por: Xanval (Invitado) o 28-03-2008