Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

22 11/08
Portada
Nigrán conta ter un novo PXOM en setembro de 2009 PDF Imprimir Correo-e
(4 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 24-03-2008

Visitas : 797


ImageO Diario Oficial de Galicia ven de publicar a licitación para a contratación da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Nigrán (PXOM) . Juan González, concellal de urbanismo, afirma que "é un novo paso de cara a redacción do tan necesario PXOM de Nigrán e unha constancia de que dende o goberno de Nigrán estanse dando os pasos firmes e necesarios para conseguir un Plan Xeral consensuado e que de resposta as necesidades de crecemento ordenado que Nigrán precisa."

O orzamento base de licitación é de 225.000 €, coa subvención por parte da Consellería de Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial do 80% (180.000€) e o prazo límite de presentación é de trinta días naturais a partir da data de publicación no DOG.

A Comisión Ordinaria Informativa de Asuntos Xerais celebrada no Concello de Nigrán o martes 22 de xaneiro aprobara por unanimidade de todos os grupos políticos o expediente para a contratación da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Nigrán (PXOM), unha aprobación que foi reafirmada novamente por unanimidade no Pleno Ordinario do mes de xaneiro. 

Establécese un prazo de execución para a realización do traballo de 18 meses. Oito meses para a redacción do avance de planeamento, seis meses para a redacción do documento de aprobación inicial, tres meses para a redacción do documento de aprobación provisional e se fose preciso un mes para a aprobación definitiva.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 2 de 2 Comentarios

paralizados

Escrito por: Pirillán (Invitado) o 25-03-2008

paralizados

Escrito por: Pirillán (Invitado ) o 25-03-2008

Agúns si que teñen paralizado o sentido despois de tantos e tantos anos de servilismo e caciquismo. En canto ao confesionario, "con la Iglesia hemos topado", loada sexa a Virxe das Angustias con ou sen confesionario.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

coñó

Escrito por: xan (Invitado) o 25-03-2008

coñó

Escrito por: xan (Invitado ) o 25-03-2008

Pero non saíu o outro día na prensa que a tramitación do PXOM estaba paralizado? 
A mín dame que alguén ou non se entera ou o que quere é contaminar ós veciños. 
¿Por certo alguén sabe se van levantar un confesionario ó lado da capela das Angustias? Ou será un purgatorio para as almas pecadoras? ou unha corte para os cabalos andaluces? 
En fin, a ver se alguén que non diga mintiras sabe algo...

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 2 de 2 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >