| Nigrán conta ter un novo PXOM en setembro de 2009 |
|
|
|
| Escrito por Redaccion | |
| Luns, 24 de Marzo do 2008 | |
|
A Comisión Ordinaria Informativa de Asuntos Xerais celebrada no Concello de Nigrán o martes 22 de xaneiro aprobara por unanimidade de todos os grupos políticos o expediente para a contratación da redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Nigrán (PXOM), unha aprobación que foi reafirmada novamente por unanimidade no Pleno Ordinario do mes de xaneiro. Establécese un prazo de execución para a realización do traballo de 18 meses. Oito meses para a redacción do avance de planeamento, seis meses para a redacción do documento de aprobación inicial, tres meses para a redacción do documento de aprobación provisional e se fose preciso un mes para a aprobación definitiva. |
| < Ant. | Seg. > |
|---|