Melloras realizadas na depuradora de augas residuais de Nigrán conseguiron reducir á mínima expresión a emisión de bacterias contaminantes á ría. A Consellería de Medio Ambiente investiu máis de 800.000 euros en mellorar os bombeos e na instalación dun sistema de lámpadas de raios uva que destrúen os coliformes das augas xa tratadas antes de ser expulsadas ao mar.
Cotinúa na Voz de Galicia
Escrito por: un enterado máis (Invitado ) o 30-03-2008
O que escribíu o comentario 1, ó que lle parece tan obvia a existencia e funcionamento da depuradora, quizás non saiba que a existencia da depuradora non implica necesariamente que ésta funcione. Por exmplo esta persona ó mellor descoñece que o equipo de raios uva levaba anos na depuradora sen instalar, que os fangos de depuración estiveron meses sen retirar porque os que gobernaban nunca pasaron por alí, que o estado dos colectores era tan deficiente que se emitían ó medio augas da rede de saneamento directamente, que o sistema de teledetección de problemas nos bombeos era obsoleto e ineficaz, que o emisario levaba anos roto e ninguén se preocupou de arranxalo. Meu querido amigo, as verdades sonche así, por moi duro que pareza.
Pero aínda hai xente que non sabe que existía esta depuradora e o uso de raios UVA? Se esta depuradora é de tempos do ex-alcalde Rial! Melloras? melloras necesita todo co paso do tempo, pero diso a vender novidades....
Hostis! Si los rayos UVA destruyen los coliformes xa temos a solución para liberar a Nigrán de tanta merda como ainda queda.... paso nomes ou tedes amnesia?
de enterados está o mundo cheo
Escrito por: un enterado máis (Invitado) o 30-03-2008