O Sábado dia 29 de Marzo, às 23h, acontece no Bar Patos unha presentación plástica e musical do Grupo Sucateando (Chatarreando) de Arte e Son, que ensina todo o proceso creativo e de descubrimento de instrumentos musicais-escultóricos e obxectos sonoros a partir da basura. O grupo, Marco Antonio Cândido (voz, guitarra, chatarras e electrodomésticos) e Kiko Menezes (obxecto escultórico sonoro, chatarras e electrodomésticos), desvelan solucións creativas coa chatarra e a basura, que sumadas a súa creatividade, revela un resultado sorprendente....
Ademais de tocar e presentar os instrumentos desenrolados polo grupo nas súas investigacións, este concerto contará coa participación do Bloco de Samba APERTA como resultado de un taller coordenado anteriormente pelo Grupo Sucateando (nos días 14 e 15 de Marzo).
- O Bloco de Samba APERTA é unha actividade máis da Asociación de PERcusionistas e TAmborileiros, dentro dunha programación que ofrece aos seus socios cursos de diferentes instrumentos, encontros de percusión, materiais e métodos de aprendizaxe, master-clases, combos, fondo musical para a formación, asesoramento, etc. O bloco foi premiado como comparsa máis festeira por dous anos consecutivos no Entroido de Vigo (2007 e 2008) e mellor caracterización no Enterro do Meco (2007). -
Batendo todo na licuadora, deste evento resulta unha nova linguaxe musical-poética.