Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

17 05/08
Portada arrow Especiais arrow Porto do Molle arrow Touriño visita as obras de Porto do Molle
Touriño visita as obras de Porto do Molle PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 29-03-2008

Visitas : 250


ImageO presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez touriño, visitou onte o parque industrial de Porto do Molle en Nigrán. A comitiva composta por membros do goberno local e da oposición, fixeron unha visita ás obras do citado parque. Efrén Juanes trasladou ao presidente a súa preocupación polos risco de inundación por mor do proxecto de conexión da autoestrada. Á visita tamén asistiu o actual presidente da Zona Franca de Vigo que asegurou que o parque industrial conta cun estudio profesional de inundabilidade encargado á empresa Applus.

Ver vídeo

O que non aclarou o presidente de Zona Franca é que ese estudo só mide ás consecuencias no tramo do río que comprende durante o paso polo citado parque industrial, e e deixa de lado as consecuencias río abaixo, dirección Praia América. 

A comitiva encabezada polo alcalde de Nigrán estaba composta por membros da corporación municipal e dos partidos da oposición.

Juan Hermida, calificou recentemente o proxecto de conexión como o "o peor trazado posible" e advertiu dos riscos de ese emprazamento por ocupar xustamente a zona de maior risco de inundabilidade. Juan Hermida calificou o informe técnico de Augas de Galicia como unha chapuzada feita a presa e correndo e chea de erros e inexactitudes. O informe non recolle ningunha garantía de que esa conexión proxectada non afecte á inundabilidade da zona e só fai unhas meras recomendacións para que non se arroxe "pedra nin terra" ao río Muiños.

 Os grupos da oposición tamén se suben ao carro da protesta a raiz das conclusión feitas polo concellal de medioambiente. O Partido Popular que inicialmente pedía que non se perderan os 20.000 m2 de zona verde que ocupa esta conexión mudaron o seu discurso e agora piden garantías sobre a conexión e o risco de inundabilidade. De feito o grupo popular presentou unha moción para o próximo pleno municipal onde se abordará esta conexión viaria.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Documentación Porto do Molle

Documentacion

 

Documento de análise do Proxecto de Urbanización de Porto do Molle
  realizado por iniciativa e conta das AA.VV de Nigrán

Descargar documento PDF (1,2 MB)

Documento do Plan de Sectorización de Porto do Molle
Descargar documento PDF (252 KB)

Documento convenio Zona Franca Concello de Nigrán
previo á aprobación definitiva do proxecto de urbanización.

Descargar documento PDF (390 KB)

Videos



Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa