
O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez touriño, visitou onte o parque industrial de Porto do Molle en Nigrán. A comitiva composta por membros do goberno local e da oposición, fixeron unha visita ás obras do citado parque. Efrén Juanes trasladou ao presidente a súa preocupación polos risco de inundación por mor do proxecto de conexión da autoestrada. Á visita tamén asistiu o actual presidente da Zona Franca de Vigo que asegurou que o parque industrial conta cun estudio profesional de inundabilidade encargado á empresa Applus.
Ver vídeo
O que non aclarou o presidente de Zona Franca é que ese estudo só mide ás consecuencias no tramo do río que comprende durante o paso polo citado parque industrial, e e deixa de lado as consecuencias río abaixo, dirección Praia América.
A comitiva encabezada polo alcalde de Nigrán estaba composta por membros da corporación municipal e dos partidos da oposición.
Juan Hermida, calificou recentemente o proxecto de conexión como o "o peor trazado posible" e advertiu dos riscos de ese emprazamento por ocupar xustamente a zona de maior risco de inundabilidade. Juan Hermida calificou o informe técnico de Augas de Galicia como unha chapuzada feita a presa e correndo e chea de erros e inexactitudes. O informe non recolle ningunha garantía de que esa conexión proxectada non afecte á inundabilidade da zona e só fai unhas meras recomendacións para que non se arroxe "pedra nin terra" ao río Muiños.
Os grupos da oposición tamén se suben ao carro da protesta a raiz das conclusión feitas polo concellal de medioambiente. O Partido Popular que inicialmente pedía que non se perderan os 20.000 m2 de zona verde que ocupa esta conexión mudaron o seu discurso e agora piden garantías sobre a conexión e o risco de inundabilidade. De feito o grupo popular presentou unha moción para o próximo pleno municipal onde se abordará esta conexión viaria.