Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

29 07/10
Portada arrow Canais arrow Cultura arrow Océanos de Marte, nova exposición de Fernando Casás
Océanos de Marte, nova exposición de Fernando Casás PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
Escrito por Redaccion   
Venres, 04 de Abril do 2008

O escultor e pintor gondomareño Fernando Casás presenta nova exposición en Pontevedra
O escultor e pintor gondomareño Fernando Casás presenta nova exposición en Pontevedra
Océanos de marte. Este é o nome da nova exposición do artista escultor e pintor gondomareño Carlos Casás que estará exposta na Sala X da Sala de exposicións do Campus de Pontevedra na Facultade de Belas Artes. ata o día catorce de xuño. en horario laboral.

 

A exposición está composta por unha intervención formada por 576 anacos de tronco de piñeiro perfectamente cortados a través dun proceso industrial, tendo a súa base 14’5 x 14’5cm e alturas variables entre 17 y 58cm., ocupando o chan da galería.

Como comenta o artista, son os últimos vestixios de aquelo que un día se chamou natureza, Fernando Casás está considerado como un dos iniciadores dos movementos de Arte & Naturaleza, cos que ven traballando dende finais dos anos sesenta.

Dentro de este contexto ten diferentes obras como Amazonas / Raízes no Parque de Esculturas da Catacumba do Rio de Janeiro, Brasil; Two Stones two no University Botanical Garden de Xerusalén; Arboles como arqueología no deserto dos Monegros ou dúas esculturas públicas instaladas na mesma cidade de Pontevedra: Lamed Vav na Illa de Esculturas e Memoria do Río na Avd. de Bós Aires.

Así mesmo é profesor de Arte e ambiente natural na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo e de Doutorado en Escultura na ESAP / Escola Superior Artística do Porto .




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=
 
< Ant.   Seg. >
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa