| Escrito por Redaccion,
o 04-04-2008
|
Visitas : 273 |
 Un operario de Ronautica pulverixa o producto químico na rampa O BNG de Baiona fixo pública unha denuncia ante Capitanía Marítima, Portos de Galicia e o Concello de Baiona por un suposto delito medioambiental ao pulverizar algun tipo de herbicida químico na rampa de subida do porto deportivo de Ronautica.
O pasado Luns, 10 de Marzo, militantes do BNG de Baiona puideron observar como un operario de Ronautica guiado, supostamente por algún superior, pulverizaba algún tipo de sustancia química na rampa de acceso o Porto Deportivo, para a eliminación das algas e o verdín que de xeito natural van aderíndose o formigón co paso do tempo. O BNG de Baiona denuncia deste xeito unhas prácticas que supostamente están atacando o medio ambiente e o ecosistema mariño, por parte de Ronautica no porto Deportivo de Baiona.
|
|
|
|
O medio ambiente
Escrito por: Xanval (Invitado) o 05-04-2008