Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

19 07/08
Portada arrow Axenda arrow En que país vivimos?
En que país vivimos? PDF Imprimir Correo-e
(6 votos)
 

Escrito por SOS Serra da Groba, o 04-04-2008

Visitas : 424


ImageChegados a estas alturas do século XXI e despois do camiño percorrido, a un entralle un desacougo e unha profunda tristura - xa desbotamos a carraxe por filosofía de vida e polo grande esforzo que xuramos facer por entender aos que non nos entenden non- ao recibir novas como a que acabamos de recibir
. Seica a Garda Civil pasou unha circular para que se vixiase e se controlase a unha serie de grupos e colectivos que teñen entre os seus principios a defensa do país, e a todos os que levan pegadas nos seus coches a bandeira galega coa estrela de cinco puntas en vermello. Entre a lista de colectivos puxeron ó novo e puxante grupo de Galiza Non Se Vende, que ven de constituirse e manifestarse en contra da desfeita que estamos a sufrir de norte ao sur e de leste ao oeste por toda a nosa terra. No meu coche teño un autocolante de Galiza Non Se Vende, outro de Nunca Máis e un de Non a Guerra. No salpicadeiro teño un folio co noso cabaliño de SOS Groba e na bandexa da parte de atrás outro igual. Teño un coche pequeno e non me queda moito sitio para pór máis, pero estou pensando en facer un novo autocolante que poña " Son demócrata, galego e nacionalista. Teño ideas propias e defendoas con palabras e argumentos." A esta alturas, reitero.

Si estiveramos en Estados Unidos de America xa logo nos pagaban un boleto para ir cara Guantánamo. Parece que a doctrina neocon e a nostalxia de tempos que xa considerabamos esquecidos, aínda está vixente.

Non podemos ficar calados e indiferentes. A democracia non só consiste en botar un sobre nunha urna e despois volver para a casa a agardar que pasen catro anos. A democracia é un exercicio de libertade diario. De convivencia e tolerancia, de respecto ao contrario e ao que non pensa igual. Todos somos, en conxunto, para ben e para mal, ciudadanos iguais ante a lei. Discriminar só por que se pense distinto, non cabe nun país que se chame demócrata. E non se poden tolerar "razias" de nengún tipo.

Alguén ten que dar explicacións.

SOS Groba 




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 2 de 2 Comentarios

Parece ser que non

Escrito por: baionaconsciente (Invitado) o 18-04-2008

Parece ser que non

Escrito por: baionaconsciente (Invitado ) o 18-04-2008

Pois semella que a cousa non era certa e hai quen quere iniciar accións legais contra os difusores do tema.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

E certo?

Escrito por: Xanval (Invitado) o 05-04-2008

E certo?

Escrito por: Xanval (Invitado ) o 05-04-2008

Non sei se e certo ou non, pero si e certo e intolerable. 
¡Xa esta ben de dirixir o pensamento da xente!

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 2 de 2 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
  • Relacionadas
 

Elodio y los seres queridos

Axenda

Enquisa