| Berlinas Económicas |
|
|
|
| Escrito por Diego G. Moreira [GalegoMotor.es] | |
| Martes, 08 de Abril do 2008 | |
|
Ford Focus Sedán É o da imaxe anterior, un bo vehículo. Este sedán de Ford, xa conta cun grande percorrido ás súas costas, iso si en cada unha das versións matizouse o seu deseño, dando como resultado esta última versión de 2008, cun deseño na tónica do Mondeo. Cunha lonxitude, de 4,48 metros, presume dun maleteiro con 537 litros e moito espazo nas prazas posteriores.
Está a punto de saír unha nova versión, está actual é interesante por prezo e como coche rudo para o día a día.
Mide 4,58 metros e ten 490 litros de capacidade. 1.6i 16v Twinport 115 CV 19.250 € / 1.8i 16v 140 CV 22.050 € / 1.7 CDTi 100 CV 6v 21.050 € Desconto adicional dende 3.200 € ![]() Honda Civic Sedán Aínda que é un vehículo caro, non é unha mala opción. Neste caso prima o deseño, tipo futurista sobretodo no interior, e a tecnoloxía, xa que a versión sedán do Civic é un dos poucos vehículos híbridos do mercado.É dicir, que traballa con gasolina e con motor eléctrico que se conecta para pequenos movementos donde non se necesita moita potencia, axustando moito o consumo. Motor híbrido de 1,3 litros e 115 CV. Mide 4,54 metros e debido ó espazo reservado para as baterías do sistema IMA, o maleteiro queda reducido ata os 350 litros. 1.3i 16v IMA 23.500 € / Atento as axudas por ser un coche ecolóxico. ![]() Citroën C4 Sedan Acaba de chegar ó mercado. So conta con dúas mecánicas, un diésel e outro de gasolina. Destaca principalmente polo seu tamaño exterior de 4,78 metros, superior o Citroën C5, por exemplo. Gracias á batalla alongada, ten moito espazo lonxitudinal nas prazas traseiras e un maleteiro de 513 litros. 1.6i 16v 110 CV (dende 15.150 €) / 1.6i HDI 110 CV (dende 17.240 €) / Desconto incluido ![]() Volkswagen Jetta Unha berlina que deriva do Golf, e cun porte moi elegante. Os acabados están nun nivel moi bo, pero ten uns prezos moi cuestionables, xa que se acercan ós do Passat. Entre os seus puntos máis favorables destaca a súa calidade e un maleteiro de grandes dimensións con 527 litros. Mide 4,55 metros. 1.6i 102 CV (dende 20.820 €) / 1.4 TSi 122 CV (dende 23.170 €) / 1.4 TSi 140 CV (dende 24.910 €) / 1.9 TDI 105 CV (dende 22.630 €) / 2.0 TDI 140 CV (dende 26.260 €) / 2.0 TDI 170 CV (dende 28.000 €) / Desconto adicional no concesionario superior a 2.000 € ![]() Renault Megane Sedan A versión compacta é un número un en ventas. Esta versión sedán pasa máis desapercibida, aínda que ten una boa relación calidade - prezo, e conta cunha gama interesante de motorizacións.Mide 4,49 metros e ten 490 litros de capacidade. 1.4i 16v 98 CV (dende 16.750 €) / 1.6i 16v 110 CV (dende 19.300 €) / 2.0i 16v 135 CV (dende 22.480 €) / 1.5 dCi 85 CV (dende 19.100 €) / 1.5 dCi 105 CV (dende 20.950 €) / 1.9 dCi 130 CV (dende 23.150 €) / 2.0 dCi 150 CV (dende 24.350 €) Descontos adicionais en concesionarios superiores ós 2.000€ Espero que fora útil a comparativa, e tendes como sempre máis información no blog, www.galegomotor.es Fotos: Autoblog Spanish - Fonte Propia |
| < Ant. | Seg. > |
|---|
|