Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

06 07/08
Portada arrow Canais arrow Planeta Terra arrow Berlinas Económicas
Berlinas Económicas PDF Imprimir Correo-e
(4 votos)
 

Escrito por Diego G. Moreira [GalegoMotor.es], o 08-04-2008

Visitas : 312


Image¿Qué berlina media compraríamos por 16.000 €? Se buscades un coche amplo, que poida levar a familia e toda a aquipaxe e non rascar moito o bolsillo con custos ou prezo, aquí tráivos unha boa comparativa de tódolos modelos.

 

Ford Focus Sedán

É o da imaxe anterior, un bo vehículo. Este sedán de Ford, xa conta cun grande percorrido ás súas costas, iso si en cada unha das versións matizouse o seu deseño, dando como resultado esta última versión de 2008, cun deseño na tónica do Mondeo. Cunha lonxitude, de 4,48 metros, presume dun maleteiro con 537 litros e moito espazo nas prazas posteriores.

1.6i 16v 100 CV (dende 16.930 €) /1.6i 16v Ti-VCT 115 CV (dende 17.530 €) / 2.0i 16v 145 CV (dende 19.480 €) / 1.6 TDCi 90 CV (dende 18.035 €) / 1.6 TDCi 109 CV (dende 18.795 €) / 1.8 TDCi 115 CV (dende 19.035 €) / 2.0 TDCi 136 CV (dende 21.080 €) / Desconto adicional dende 1.500 €

 

Image
Toyota Corolla Sedán
Outro modelo que avanzou moito no seu deseño, tendo ahora unha maior personalidade e ademáis un liña moi elegante e unha boa calidade de materiais, Toyota tamén é unha das marcas máis fiables e con custos de mantemento bastante reducidos. Mide 4,54 metros e ten 450 litros de capacidade.

1.6i VVT 124 CV
1.4 D4D 90 CV
2.0 D4D 126 CV
Desconto adicional de 1.000 € nalgúns modelos

 

Image
Mazda 3
Mazda sempre foi unha marca que destacou en fiabilidade, actualmente é unha das máis fiables, e dende fai uns anos tamén se estan esforzando en ofrecer un deseño deportivo, coa súa filosofía "zoom- zoom". O Mazda 3 é un vehículo completo, pero tamén os hai moito máis brillantes ca el.

Mide 4,49 metros e ten un maleteiro con 413 litros.

1.6i 16v 105 CV (dende 18.525 €) / 2.0i 16v 150 CV (dende 21.275 €) / 1.6 CRTD 110 CV (dende 19.925 €) / 2.0 CRTD 136 CV (dende 22.725 €) / Desconto adicional de hasta 2.300 € (algunhas versións)

 

Image
Hyundai Elantra
Xa leva moito tempo no segmento, cando se lanzou tiña un prezo moi competitivo é unha ampla gama de motores incluindo motorizacións diesel. Actualmente a gama dispoñible reduciuse e só conta cunha motorización dispoñible que é a correspondente o acceso de gama, e ademáis moitos aspectos como o seu interior necesitan urxentemente ser renovados. Mide 4,52 metros e ten un maleteiro cunha capacidade de 415 litros.

Está a  punto de saír unha nova versión, está actual é interesante por prezo e como coche rudo para o día a día.

1.6i 16v 105 CV 16.930 € / Desconto adicional de 2.600 €

 

Image
Suzuki SX4 Sedan
Esta variante do SX4 non tiña previsto ser comercializada en España, pero finalmente chegara o noso mercado en maio. O recomendable é o SX4 normal, posto que as súas capacidades 4x4 e o seu tamaño con dúas grandes bazas, pero se necesitas máis espazo no é unha mala alternativa.

De momento ainda se descoñece con que mecánicas chegará o mercado, pero se prevé unha gasolina de 1.6 16v ou tamén mecánicas diesel.

 

Image
Chevrolet Nubira

Unha veterana berlina dentro do segmento. Ata fai pouco tempo non tiña unhas vendas moi significativas porque só estaba dispoñible con motor gasolina, pero dende o lanzamento dos motores diesel TCDI, pode ser unha boa compra atendendo a prezo-calidade-equipamento.

Mide 4,51 metros e ten 405 litros de maleteiro. Prezos:

1.6i 16v 109 CV (dende 15.590 €) / 1.8i 16v 122 CV (dende 16.810 €) / 2.0 TCDi 121 CV (dende 16.890 €) / Desconto adicional de ata 3.000 €

 

Image
Opel Astra Sedán
Esperábase que Opel  non venderá neste mercado o seu Astra Sedán. En capacidade gana moito, e básicamente é un Astra, alongado e cun maior espazo do maleteiro, e con máis espazo para as prazas traseiras.

Mide 4,58 metros e ten 490 litros de capacidade.

1.6i 16v Twinport 115 CV 19.250 € / 1.8i 16v 140 CV 22.050 € / 1.7 CDTi 100 CV 6v 21.050 €
Desconto adicional dende 3.200 €
 
Image
Honda Civic Sedán
Aínda que é un vehículo caro, non é unha mala opción. Neste caso prima o deseño, tipo futurista sobretodo no interior, e a tecnoloxía, xa que a versión sedán do Civic é un dos poucos vehículos híbridos do mercado.É dicir, que traballa con gasolina e con motor eléctrico que se conecta para pequenos movementos donde non se necesita moita potencia, axustando moito o consumo.
Motor híbrido de 1,3 litros e 115 CV. Mide 4,54 metros e debido ó espazo reservado para as baterías do sistema IMA, o maleteiro queda reducido ata os 350 litros.
1.3i 16v IMA 23.500 € / Atento as axudas por ser un coche ecolóxico.
 
 
Image
Citroën C4 Sedan
Acaba de chegar ó mercado. So conta con dúas mecánicas, un diésel e outro de gasolina. Destaca principalmente polo seu tamaño exterior de 4,78 metros, superior o Citroën C5, por exemplo. Gracias á batalla alongada, ten moito espazo lonxitudinal nas prazas traseiras e un maleteiro de 513 litros.

1.6i 16v 110 CV (dende 15.150 €) / 1.6i HDI 110 CV (dende 17.240 €) / Desconto incluido
 
Image
Volkswagen Jetta
Unha berlina que deriva do Golf, e cun porte moi elegante. Os acabados están nun nivel moi bo, pero ten uns prezos moi cuestionables, xa que se acercan ós do Passat.
Entre os seus puntos máis favorables destaca a súa calidade e un maleteiro de grandes dimensións con 527 litros. Mide 4,55 metros.

1.6i 102 CV (dende 20.820 €) / 1.4 TSi 122 CV (dende 23.170 €) / 1.4 TSi 140 CV (dende 24.910 €) / 1.9 TDI 105 CV (dende 22.630 €) / 2.0 TDI 140 CV (dende 26.260 €) / 2.0 TDI 170 CV (dende 28.000 €) / Desconto adicional no concesionario superior a 2.000 €
 
Image
Renault Megane Sedan
A versión compacta é un número un en ventas. Esta versión sedán pasa máis desapercibida, aínda que ten una boa relación calidade - prezo, e conta cunha gama interesante de motorizacións.Mide 4,49 metros e ten 490 litros de capacidade.

1.4i 16v 98 CV (dende 16.750 €) / 1.6i 16v 110 CV (dende 19.300 €) / 2.0i 16v 135 CV (dende 22.480 €) / 1.5 dCi 85 CV (dende 19.100 €) / 1.5 dCi 105 CV (dende 20.950 €) / 1.9 dCi 130 CV (dende 23.150 €) / 2.0 dCi 150 CV (dende 24.350 €)

Descontos adicionais en concesionarios superiores ós 2.000€
 
 

Espero que fora útil a comparativa, e tendes como sempre máis información no blog, www.galegomotor.es
Fotos: Autoblog Spanish - Fonte Propia



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Verde TV

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa