Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

15 03/10
Portada arrow Canais arrow Planeta Terra arrow Gaspar, de visita por Baiona
Gaspar, de visita por Baiona PDF Imprimir Correo-e
(1 voto)
Escrito por Redaccion   
Sábado, 12 de Abril do 2008
ImageO xa famoso arroaz solitario da costa galega, Gaspar, visita estes días os arredores do porto de Baiona. Dende o 14 de decembro de 2007 a CEMMA leva mantendo o seguemento dun arroaz (Tursiops truncatus) solitario. O primeiro aviso deuno a Policía Local de Cangas durante a noite dese día. Posteriormente visitou toda a costa de Galicia dende o porto de Riveira ata Ribadeo, volvendo de novo cara ao sur.

 As labores de asistencia e recuperación de fauna mariña protexida lévanse a cabo en Galicia a través do convenio de colaboración subscrito entre a Consellería de Medio Ambiente e a CEMMA, só poden ser levadas a cabo con autorización ao tratarse de especies protexidas.Neste ámbito establécese a Rede de Varamentos de Galicia na que colaboran outras institucións como Protección Civil. A CEMMA rexistra anualmente máis de 200 exemplares varados, a maioría mortos.

Alarma no Val Miñor e Baixo Miño sobre os varamentos

Na última semana a Unidade Móbil de asistencia a cetáceos varados, tivo unha intensa labor entre Baiona e Oia xa que foron localizados cinco golfiños varados. A aparición dun golfiño em Baiona fixo pensar que se tratara do arroaz Gaspar o que motivou unha rápida intervención para a súa recollida, na que colaborou a Confraría de Baiona, afortunadamente comprobouse que se trataba dun golfiño común e horas despois foi dada a nova da observación do arroaz Gaspar en Rianxo.

Dous días despois, o domingo presentábase no porto de Baiona para asombro dos navegantes.

Situación de GASPAR

Este é aun arroaz macho adulto, de máis de tres metros de lonxitude e 400 Kg de peso, en bo estado de saúde. Presenta unhas pequenas feridas na parte anterior do corpo causadas polos mexillóns ao navegar moi preto dos muros do peirao.

Os cetáceos en ocasións teñen comportamentos pouco frecuentes que poderían calificarse de antisociais, a respecto dos exemplares da súa mesma especie. Debido a este comportamento tenden a aillarse nunha zona da costa sendo calificado o exemplar que presenta ese comportamento de: GOLFIÑO SOLITARIO.

Cando esta situación de soidade, aillándose voluntariamente dos seus conxéneres, ven acompañada dun comportamento permisivo da presenza humana e mesmo interactivo, daselle en chamar GOLFIÑO SOLITARIO EMBAIXADOR, que é o calificativo que se adecúa ao comportamento de Gaspar.

En Galicia téñense dado diversos casos, o caso histórico foi o de NINA que estivo em Sada nos anos 70 e foi visitado por Cousteau, sendo o máis coñecido o caso de ENOL en Cariño no ano 1997, recentemente houbo outros, como o caso de MERCURIO que viuviu uns meses en Baiona no ano 2000, outro que viviu un ano en Ferrol baixo a ponte das Pías.

Normalmente estes exemplares soen ser arroaces de sexo masculino que son rechazados das mandas de cría que viven nas rías. Hai que ter conta de que un arroaz é un animal salvaxe e convén manter un comportamento adecuado na súa presenza.

Código de comportamento en presenza do golfiño solitario GASPAR.

  • Tratar de manter o mínimo contacto e a máxima indiferencia para non perturbar o seu comportamento.
  • Non darlle NUNCA comida.
  • Non meterse NUNCA na auga ao seu carón.
  • Observalo a distancia sen achegarse.
  • Se estás na auga non tratar NUNCA de tocalo nin de aproximar as mans.
  •  Sair INMEDIATAMENTE da auga e afastarse do seu contacto.
  • Se estás nunha embarcación Non aproximarse nin interrumpir o seu comportamento.
  • Adoptar unha posición neutral e indiferente se se achega o animal mantendo o mesmo rumbo e velocidade.
  • Non cambiar de dirección ou velocidade de xeito brusco.
  • Se o tes na popa COIDADO, gosta de meterse baixo o motor.
  • PERIGO O contacto cun arroaz é unha situación de risco de agresión ou contaxio de enfermidades dérmicas e pulmonares.



Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=
 
< Ant.   Seg. >
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa