Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

13 10/08
Portada arrow Canais arrow Música arrow O Cambio climático no IES Auga da Laxe
O Cambio climático no IES Auga da Laxe PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 17-04-2008

Visitas : 462


ImageAte o venres 18 de este mes, continúa aberta no IES Auga da Laxe de Gondomar, a exposición "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción" unha exposición que versa sobre as causas e efectos do cambio climático.

No IES Auga da Laxe de Gondomar están expostos os dezanove paneis que forman a mostra O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción, unha exposición itinerante producida polo  Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA).

O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción trata sobre as causas e as consecuencias do Cambio climático. A exposición está estruturada en tres seccións: unha primeira descritiva da estrutura e dinámica da atmosfera, os gases de efecto invernadoiro, o estado de cumprimento do Protocolo de Kyoto. A segunda sección dedícase aos problemas xerados polo quecemento planetario. A terceira recolle as medidas necesarias para reducir a emisión de gases con efecto invernadoiro, a contaminación atmosférica e o consumo enerxético e auga. O Cambio climático abórdase desde o ámbito planetario até a implicación persoal, tanto na creación como a resolución dos problemas derivados do quecemento global.

ImageO noso mundo, o noso futuro, a nosa opción é un acto máis dos realizados no instituto co gallo da celebración do Ano da Terra. Así, nos últimos meses estiveron abertas unha exposición sobre cetáceos organizada pola Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) e outra sobre as causas e consecuencias da desfeita do Prestige, propiedade do CEIDA, co complemento de tres paneis adicionais feitos polos alumnos e alumnas de PIN de 1º de ESO.

Ademais, Xosé Antonio Padín (Instituto de Investigacións Mariñas), Alfredo López e Paula Pérez (CEMMA) e Xesús Souza (Decano da Facultade de Ciencias do Mar) falaron aos alumnos e alumnas do centro do seu traballo a prol do coñecemento e defensa ambiental.

ImagePor outra parte, o Club de lectura da biblioteca do instituto organizou dúas sesións relacionadas con temas ambientais, unha dedicada ás novelas de ficción científica de Ramón Caride Ogando e outra ao libro La Tierra herida de Miguel Delibes e Miguel Delibes de Castro.

Finalmente, o instituto incorporouse á rede MeteoEscolas de MeteoGalicia e o Centro de Investigación e Información Ambiental de Galicia (CINAM) e mais ao Proxecto Ríos, unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá promovida pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Novo disco Dakidarria

Enquisa