Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

30 08/08
Portada arrow Opinión arrow O PSOE Baiona considera insuficientes as cantidades aprobadas para subvencionar a
O PSOE Baiona considera insuficientes as cantidades aprobadas para subvencionar a PDF Imprimir Correo-e
(0 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 17-04-2008

Visitas : 327


ImageO PSOE de Baiona considera insuficientes as cantidades aprobadas para subvencionar as actividades sociais, culturais, medio ambientais, de promoción da igualdade de oportunidades e deportivas e actuacións musicais do ano 2008. Segundo denuncian os socialistas de Baiona, "este ano non só non foi incrementada a cantidade destinada á subvención, que non varía dende o ano 2005, senón que incluso se rebaixou pasando de 24.000 a 21.000 Euros, é dicir, 3.000 Euros menos."

En palabras da concelleira Laura Míguez, o "Goberno non valora a labor tan importante que desenrolan as diferentes asociacións, que veñen na maioría dos casos a substituír a falta de iniciativas do equipo de goberno. Se non fora polos Centros Culturais e as asociacións existentes o seu abeiro. A oferta cultural, sobre todo nas parroquias, sería inexistente."

En canto ás cantidades que se darán de subvención para os grupos musicais, bandas de música, etc., o PSOE baionés considera que son "humillantes", xa que para conseguir esta cantidade están obrigados a actuar gratis para o concello, sobre todo se se compara con calquera actuación dunha orquestra no torreiro da Palma durante as festas locais

O PSOE considera que esta rebaixa na cantidade a subvencionar, "é un desprezo ás asociacións, que deberán deixar de lado algunhas actividades ou proxectos, xa que hai que ter en conta que para garantir a calidade das actividades  é necesaria a compra dun material que supón un gran esforzo económico para as asociacións."




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >