Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

30 08/08
Portada arrow Novas arrow Nigrán arrow A Policía de Nigrán ten de baixa a 18 dos 23 axentes por un conflito laboral
A Policía de Nigrán ten de baixa a 18 dos 23 axentes por un conflito laboral PDF Imprimir Correo-e
(3 votos)
 

Escrito por Mónica Torres - A Voz de Galicia, o 17-04-2008

Visitas : 498


Unha patrulla de axentes incorporouse onte ao traballo logo de dez días sen servizo
Unha patrulla de axentes incorporouse onte ao traballo logo de dez días sen servizo
O municipio de Nigrán leva dez días cun servizo de Policía Local baixo mínimos porque 18 dos 23 membros do persoal atópanse de baixa médica. Problemas de columna, lesións musculares, torceduras de nocello e toda clase de doenzas físicas fixeron estragos entre os membros do corpo.

Esta «mala serie» coincide co conflito laboral que mantén enfrontados aos traballadores coas autoridades municipais. A lei impide ás forzas de seguridade ir á folga, pero os axentes locais de Nigrán ponse máis enfermos que nunca desde que o goberno municipal suprimiu os seus complementos de nocturnidade, turnicidad e penosidad a comezos deste ano. Actualmente, os policías cobran 150 euros menos nas súas nóminas que o ano pasado.

Continúa na Voz de Galicia




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 

Ver 8 de 8 Comentarios

Somos los más

Escrito por: ombliguitos (Invitado) o 19-04-2008

Somos los más

Escrito por: ombliguitos (Invitado ) o 19-04-2008

Pero vamos a ver, en Gondomar y en Baiona tampoco hai polcía nocturna y los agentes del orden local cobran menos. Y no pasa nada. Acaso Nigrán es distinto? Que pasa que aquí somos especiales? Que se pongan a trabajar y que dejer de chantajear a los vecinos con sus caprichos. Ellos saben si hacen o dejan de hacer, per lo que es de cara al pueblo la verdad yo no doy un duro por ellos. :upset

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

os de sempre

Escrito por: carolo (Invitado) o 19-04-2008

os de sempre

Escrito por: carolo (Invitado ) o 19-04-2008

estamos dacordo que na policia de nigran hay algun elemento que so vale pra ir a plantar berzas, pero nos chama a atención que os nosos politicos ou politiquillos non lle atopen solucions a un problema " tan grave e complexo de solucionar" pois vamos de carallo cando veñan os problemas de verdade. Perdemos a Alfrediño de vista pero nun parece que vexamos cambios. POÑEDEMOS TODOS A TRABALLAR TANTO MUNICIPALES COMO POLITICOS E DEIXARVOS DE CARALLADAS.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

ACABÁRAMOS

Escrito por: salpicamerdas (Invitado) o 19-04-2008

ACABÁRAMOS

Escrito por: salpicamerdas (Invitado ) o 19-04-2008

Ufffffff, eu agora si que non entendo nada. 
Así que o tema redúcese a unha cuestión política de que os PP-PINN sairon disparados do goberno. Eses que os tiñan tan contentos, eses que crearon a policía cuase-militar e a utilizaban para repartir invitacións ós actos do PP, ou ir a amedrentar ós directivos dos colectivos de veciños depois da revolta do 2 de xuño... 
xa xa xa!!!!! manda carallo co espíritu reivindicativo desta tropa. 
Cada vez que alguén da un argumento a favor destes personaxes os funde máis na merda. 
NON ESTÁ MAL, NADA MAL....

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Non hai dereito

Escrito por: traballador (Invitado) o 18-04-2008

Non hai dereito

Escrito por: traballador (Invitado ) o 18-04-2008

Non hai dereito, se calquera de nós que traballa nunha empresa privada collera unha baixa por protestar ós dous días estaba apuntado na oficina do inem. Viven de luxo e ainda se queixan, quixera saber eu se esta tropa sabe o que é traballar. E por certo o que aparque en doble fila que se joda, que espabile que o do tráfico xa hai tempo que deberían poñerse con eso, a boas horas se acordan os axentes da lei. Menos mal que son a mellor policía de Galicia, eso tranquilízame. 
E por certo se admiten un consello, se tantos problemas están xurdindo coa ausencia da policía que sigan de folga encuberta, así conseguirán o seu obxetivo. O que me parece a min é que nin hai máis problemas nin lle fan nin puto caso. 
Coincido co primeiro comentario de Carlos, joder que se poñan a traballar como o resto cobrando como o resto.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

¿quén ten razón?

Escrito por: ana alves (Invitado) o 18-04-2008

¿quén ten razón?

Escrito por: ana alves (Invitado ) o 18-04-2008

Eu o que non entendo e coma se a Garda Civil cubre ese servizo nocturno coma din os políticos estánse incrementando os roubos e tal e coma pon a noticia que existen comerciantes que vense na obriga de cerrar os seus establecementos pola falta de seguridade,eu só digo que os domingos pola tarde os únicos axentes que vexo patrullar por Ramallosa son os da Policía Local non a Garda Civil, pola contra é curioso que a corporación avoge por unha política austera e nembargantes teñan dous secretarios persoais un para o alcalde e outro para o tenente alcalde que hasta non fai moito cobraba por media xornada 1.400€ o mes se eso e austeridade que veña deus e o vexa, por amor de deus que poñan a policía de noite e que lle pagen o que teñan que pagarllle que estamos xogando con todolos veciños que isto non é unha broma e a tan manida brigada urbanística-medioambiental non será a que lle dotaron dun ZX que o pobre esta po arrastre, por que se é esa que me digan a mín que medios lle deron por parte do concello por que un día vinos mendigar botes de mostra na Xunqueira e a verdade que en esas condicións calquera traballa, sen embargo por asistir a un pleno os señores electos perciben uns cantos euros, e non nos olvidemos o que lle custa esta corporacón as arcas municipais aproximadamente uns 300.000€ o ano, case nada que isto non é Marbella señores, é por que non practican a política de austridade vostedes mismos.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

» Ver a(s) 1 resposta(s)

Culpa dos políticos

Escrito por: Fernando Rodríguez (Invitado) o 18-04-2008

Culpa dos políticos

Escrito por: Fernando Rodríguez (Invitado ) o 18-04-2008

Todo o que pase é culpa dos políticos que cobran e eles si que non fan nada. Eles teñen que preocuparse de que a Polilcía traballe ou non. Eu sei que moitas veces son estes os que lle dan instruccións para que den caña ou deixen de dala dacordo coas protestas do comerciante de turno que quere que lle paren na porta.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

ver

Escrito por: poli nigrán (Invitado) o 17-04-2008

ver

Escrito por: poli nigrán (Invitado ) o 17-04-2008

Tampouco entendo nada. Si hai 18 persoas, porque aparte de policías deben ser persoas, de baixa o que hai preocuparse e pola súa saúde e de xeito inmediato. Haberá que facer revisións exhaustivas de estas persoas e, si algunha está verdadeiramente mal, haberá que buscar alguén que os sustitua, que haiche moita xente no paro e con ganas de traballar. 
Abogo por cuidar a saúde dos/as traballadores/funcionarios do concello e, ¡ menos mal que xa non fan noites!, porque coa saúde tan debilitada algún podería estar ou, deus non o queira, non estar. 
E si voltan para meter multas a todo dios que, porfavor, non volten, que queden na cama e se melloren.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Non entendo nada

Escrito por: Carlos Goce (Invitado) o 17-04-2008

Non entendo nada

Escrito por: Carlos Goce (Invitado ) o 17-04-2008

Eu nisto da policía local non acabo de entender nada. E con todos os meus respetos para ambas partes no conflicto porque como non acabo de enter esta vaina podo equivocarme nas miñas valoracións. 
 
Vexamos a trifulca ven por un tema económico de 150 € mes. Que segundo o goberno municipal recibían como complemento de productividade por traballar de noite. 
Se tampouco entendían mal a policía se queixaba que non tiña persoal suficiente para cubrir o turno de noite e pedían máis persoal. 
O goberno local reemplaza o turno de noite da policía local por patrullas da garda civil e pide que se instale un cuartel da benemérita neste concello. 
Ao remplazar o turno de noite a policía xa pode cubrir en orario diurno a actividade municipal e non precisa de novos efectivos para a relización dos 2 turnos, Mañána e tarde. 
É lóxico que si non teñen turno de noite non teñan ese plus de productividade. non? 
Por outra banda, se finalmente non fai falta que fagan horas extras para cubrir esas horas ou esa carencia de persoal,entendo que fronte a unha politica de contención de gasto é totalmente normal. 
 
Polo tanto o corpo de policía local, reduce os seus salarios. Pero realmente a canto os reduce? Dito doutro modo, cobran o mesmo que un funcionario da mesma categoría, ou pola contra cobran menos?. Porque si cobran o mesmo non entendo cal é a inxustiza, xa que cobran menos porque traballan menos. 
 
Outro punto que sí me parece un insulto e isto das baixas. Que unha persoa estea de baixa non é discutible. Cada un coñece as súas circunstancias persoais, pero que toda unha plantilla se poña de baixa é como para enviar unha inspección médica. E máixme logo de ver que volven a coller todos a alta de repente. Potr outra parte os médicos que emitiron esas baixas... así está de desprestixiada a profesión. 
Eu considero que este asunto das baixas tiña que ser motivo de depuración de responsabilidade porque estamos a falar dun fraude á seguridade social. A que pagamos todos nós. Se estas persoas non están enfermas non teñen porque cobrar unha prestación por baixa. 
 
Esta folga á xaponesa que non acabo de entender. Din que a policía vai a incrementar un 80% as sancións para saturar á administración local. A min o único que me cabe pensar é que antes non estaban traballando. Non? Por que ante unha infracción mirar para outro lado acaso non é un incumprimento dos seus deberes cono funcionarios da orde pública ou coam policías?. Ousexa que agora verdadeiramente van a traballar cumprindo os seus deberes.  
 
Pois eu coido que esta é unha boa noticia. Que mediante este conflicto se consega que a policía traballe é unha boa noticia. Non? Aparte que no concello deben estar frotándose as mans porque van a aumentar a recaudacción co tema das multas. 
 
E por útlimo gostaríame saber que tipo de sancións van a perseguir. Refírome si van ser meramente multas de estacionamento ou pola contra van a perseguir os delito de maior envergadura como son os delitos medioambientais e os urbanísticos. Ou estes é mellor seguir mirando para outro lado.? 
 
Se alguén mo pode explicar ou aclarar, sería bó para que os veciños entendamos dunha vez esta historia. 
Atentamente.

 

» Notificar este comentario á dirección da web

» Responder a este comentario...

Ver 8 de 8 Comentarios



Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa

Consideras necesaria a intervención xudicial na situación económica de Nigrán?