Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

21 11/08
Portada arrow Canais arrow Planeta Terra arrow Presentación do poemario de Anxo Angueira
Presentación do poemario de Anxo Angueira PDF Imprimir Correo-e
(3 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 17-04-2008

Visitas : 413


ImageO Instituto de Estudos Miñoranos e a Concellería de Cultura do Concello de Gondomar organizan o acto de presentación do poemario de ANXO ANGUEIRA Fóra do sagrado (Xerais, 2007) que terá lugar o venres 18 de abril de 2007 ás 20:30h. no AUDITORIO MUNICIPAL “Lois Tobío”


Fóra do sagrado de Anxo Angueira, é un poemario  constituído por un único poema que ten como fondo un canto a Vigo, ó  Vigo real, fóra do sagrado, un lugar de extramuros. Un retrato  centrado na fisionomía e na deformidade da cidade, que na poética de  Angueira se converte nunha beleza mergullada na memoria, nun canto en 

que as cores grises e metalúrxicas da cidade aparecen espidas de  artificios. E Vigo, co seu mar e o seu monte, coas parroquias e  aldeas, é aquí capital cultural, literaria e política. Unha cidade  cosmopolita onde conviven as morruncheiras do Berbés cos cabalos do  monte de Marcosende, as dornas da ría e os transatlánticos literarios.

A súa presentación é un acto poético-musical e plástico no que Anxo  Angueira recita acompañado da guitarra e das cancións de Leo e  Arremecághona e da percusión de Aser Álvarez sobre un enorme mural do  Xoán Carlos e Xosé Luís de Dios no que estes representan unha imaxe do  Berbés.

O acto será presentado polo subdirector do IEM Xosé Lois Vilar Pedreira.

Máis información en http://gl.wikipedia.org/wiki/Anxo_Angueira

 http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=AnxAngue&alias=Anxo+Angueira




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Foto denuncia

www.flickr.com

Especiais

Proxecto Parque Eólico na Serra da Groba - Albariño I
Seguimento Parque Empresarial Porto do Molle
 Esteiro da Foz do Miñor - Situación ambiental

Enquisa