| Escrito por I. Viqueira - Faro de Vigo,
o 22-04-2008
|
Visitas : 482 |
O portavoz do PP de Gondomar, Carlos Silva, facéndose eco do sentir dos veciños, traslada a súa preocupación ante a incerteza que reina sobre a apertura da galescola. Tras recordar que o grupo de goberno informou de que o centro non abriría no primeiro trimestre deste ano, agora non aclara cando será a data de apertura.
Os populares reclaman ao BNG gobernante información sobre a redacción da normativa interna do centro e dos procesos de selección de persoal, xa que, "logo de aprobar en pleno o convenio tal e como eles quixeron, non volveron abrir a boca para informar aos veciños". O goberno local devólvelle a crítica, «porque xa tiña que estar inaugurada fai dous anos e porque, en todo caso, a demora debeuse a que a oposición dilatou a aprobación do convenio para a xestión compartida coa Xunta do servizo». Continúa en Faro de Vigo
|
|
|
|