Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Narrow screen resolution
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color
  • red color
  • green color

Valminor.info - O Portal do Val Miñor

11 10/08
Portada arrow Canais arrow Cultura arrow Terceira quenda de escolares no albergue das Sinas
Terceira quenda de escolares no albergue das Sinas PDF Imprimir Correo-e
(2 votos)
 

Escrito por Redaccion, o 22-04-2008

Visitas : 451


ImageO Proxecto de educación ambiental e promoción do voluntariado, AUGA+MAR, está promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, da Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia (www.xuventude.net), e conta ademais coa colaboración das Consellerías de Medio Ambiente e de Pesca, así como do INJUVE do Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.

 A súa execución lévase a cabo por un equipo profesional de especialistas biólogos e de monitores de tempo libre, e, na mesma colaboran as empresas, Acuario do Grove e Acquavisión, así como a ONG ambiental Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños-CEMMA.

Este programa consta de dous subprogramas orientados a diferentes participantes:

1.- DA AREAGORDA AO MAR MAIOR, onde riqueza das rías e a economía productiva son a idea forza do programa. Este programa está orientado para estudantes de secundaria e lévase a cabo durante a semana, de luns a venres, no albergue das Sinas, Vilanova de Arousa.

2.- BAIXO AS ONDAS, onde a conservación será a idea forza, así como a integración do voluntariado e a conservación, a través do programa. Este programa está orientado a xóves de 18 a 30 anos e lévase a cabo no barco Nauja pola Ría de Arousa, as fins de semana.

 

PROGRAMA DA AREAGORDA AO MAR MAIOR

Realízase en cinco xornadas continuadas, de luns a venres, dende o mes de abril a xuño, en quendas de entre 80 a 100 participantes, lévase a cabo no albergue das Sinas, Vilanova de Arousa. Para iso conta cun equipo de 12 técnicos biólogos e especialistas en tempo libre. A idea forza é a diversidade biolóxica do efecto borde terra-mar e o impacto ambiental das actividades humanas e o desenvolvemento sustentable.

Coas actividades desenvolvidas os participantes coñeceran a riqueza biolóxica, as actividades extractivas e a economía produtiva, as áreas mariñas protexidas e as labores de voluntariado sorbe o medio mariño que contribúen á conservación do medio e das especies.

Durante as actividades realízanse visitas ao Acuario do Grove, á Ría no catamarán Visión 1, á lonxa e porto do Grove, ao Centro de interpretación da Siradella e ao centro de ensino de acuicultura IGAFA.

Participantes desta semana

Os alumnas e alumnos dos centros de ensino medio IES FONTEM ALBEI da Fonsagrada e CPI VIRXE DO MONTE de Cospeito, ambos en Lugo, e do IES ESCOLAS PROVAL, comparten durante esta semana as actividades nas Sinas.

A actividade deu comenzo coa recepción dos participantes o luns as 18:00 h da tarde. Ademais das visitas ao Grove e á Illa de Arousa compartirán a convivencia destes intensos días de traballo ambiental en Vilanova de Arousa ata o vindeiro venres.




Compartir esta noticia:
Digg!Del.icio.us!Google!Technorati!Yahoo!Chuzar esta noticia! title=

   

  Folla RSS comentarios
 

 


Nome
Correo electrónico
Título  
 
Comentarios
   Notificarme dos seguintes comentarios
   
   

Ningún comentario engadido



mXcomment 1.0.7 © 2007-2008 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
< Ant.   Seg. >
 

Candido Pazó en Lendo contigo. Gondomar

Enquisa